O apelido Abente

Submitted by admin on Fri, 08/10/2018 - 17:08

Non sei se o apelido é moi actual ou moi fecuente hoxe. Figura nunha lápida no chan dunha entrada lateral da Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe. Os elementos da frase son a-unha, ben-muller, te-quente. Os comentarios, se os facedes, serán vosos.

Landán

Submitted by admin on Tue, 08/07/2018 - 11:46

A praza de Landán, en Betanzos, tamén, suxirenos que non só os topónimos dos campos abertos, das leiras e dos montes son interesantes. As rúas das cidades antigas de Galicia están cheas de sorpresas. Como esta de Betanzos.

A pregunta é que organizaban nesa praza hai 2000 anos os betanceiros e visitantes e, polo tanto, que debería organizar anualmente o concello de Betanzos, seguindo a súa tradición milenaria?

Queremos a posta en marcha dos festivais do Landán, xa!

Mandián

Submitted by admin on Tue, 08/07/2018 - 11:34

Un letreiro dun avogado no centro de Betanzos anuncia que se chama Mandián. Véxase a foto:

Non é difícil deducir o significado do apelido. Unha vez traducido que queredes que vos diga: Se por unha banda di un carácter positivo da persoa, a outra tradución non é tan positiva para o oficio que ten.

Dián

Submitted by admin on Tue, 08/07/2018 - 11:28

Xa falamos desta palabra celta galega como intensivo. Imos ver unha tradución de Old Irish que acae mellor coas persoas e -quizáis- cos animais.

dian

Arbo

Submitted by admin on Mon, 08/06/2018 - 22:29

Arbo sería a cruz da moeda con Boiro. Unha vaca non parece suficiente argumento propagandístico para ir vivir alí.  Agás que queiras que veñan non os do interior, como en Boiro, senón os da costa. Vivimos con só unha vaca, vivimos sen vacas, xa que logo. Factores como a intolerancia a lactosa que moitos seres humanos manteñen (os chinos, por exemplo) tamén poden influír na mensaxe. Os que non podedes beber o leite despois dos dous anos vide acó. É unha idea.

Boiro

Submitted by admin on Mon, 08/06/2018 - 20:30

Boiro anuncia as súas festas celtas do día 10 ao 12 de agosto. Nas interesantes propostas que presentan como un carro da gran raíña Morrigan (algo así como gran Raíña gran Raíña) penso que algo temos que ver desde Celtia.org. Non sexades tímidos e contádenolo.

https://boiroturismo.gal/agenda/MERCADO%20CASTREXO/

Bran

Submitted by admin on Sun, 08/05/2018 - 14:14

Se falamos de Bra como muíño de man, habería que falar, coherentemente, do farelo (salvado, en castelán). Bran=farelo, salvado. Así vese claramente o uso de palabras similares para elementos relacionados. Pero é que ademais ten un gran transfondo céltico, aventureiro e alimentario.

Morán

Submitted by admin on Sat, 08/04/2018 - 17:27

Apelido

mórán [moeraan] a lot, many

Davidovic Mladen. Irish-English English-Irish Dictionary and Phrasebook (Language Dictionaries Series) (Kindle Location 395). Kindle Edition.

Ainda que tamén pode ser poucos

Uatha
AINMNEACH
mórán
▪an mórán

traducido

Singular
NOMES
moito
▪ Poucos