Sarria irmánase cunha cidade Poema Bretona

Submitted by admin on Fri, 07/20/2018 - 00:08

Hoxe aparecía nos xornais o irmanamento de Sarria cunha cidade Bretona de nome difícil. O nome bretón, en principio, non o sei traducir. Hai moitas diferenzas na lingua co celta galego. Sen embargo, o conto porque si recoñecín Poema. E polo tanto, o recoñecemento dos significados dos topónimos celtas bretóns ábrense á tradución.

Cines, unha dúbida

Submitted by admin on Thu, 07/19/2018 - 12:06

A wikipedia redirecciona San Salvador de Cines a San Salvador de Cis. A placa da igrexa, de certa antigüidade, sen embargo pon Cines. Para a toponimia oficial galega hai razóns para supoñer que Cines é Cis.  Supoñemos que serán causas medievais (ainda que o documento que o sinala en tempos de Ordoño II fala de Cinis).

Pois ben, cine é raza en irlandés actual.

raza • s síolrach m, cine m

 

Grandas de Salime

Submitted by admin on Fri, 07/13/2018 - 23:01

Xa sei, está en Asturias e algún día falaremos das diferenzas. Pero fala galego e está próximo á Fonsagrada e ten castros.

Grandas ben pode ser unha modificación de Gándaras, pero o salime que o acompaña ben pode dar a clave:

Que é Salime? Pois significa A cal. Se o terreo ten moita cal non é de extrañar que sexa unha gándaras. Non sei se alí hai unha gran cantidade de cal, se foi noutro tempo ou cal foi a problemática. Deixo ao concello de Grandas de Salime averigualo...

O Rei Artur e Turing

Submitted by admin on Fri, 07/13/2018 - 17:27

Na literatura galega, desde sempre ligada ao mundo celta, está moi presente o Rei Artur.

No artigo da wikipedia hai moitas etimoloxías posibles, incluindo a de Rei Oso. Imos aportar unha máis. Ar en celta é un e tur é brando, un calquera, un anodino. Se vos fixades o Rei Artur non é coñecido polas grandes batallas vividas senon polo personaxes que o acompañan na súa vida: a táboa redonda, Merlín, ...

Brigantes

Submitted by admin on Fri, 07/13/2018 - 16:44

É unha tribu celta inglesa de nome semellante as galegas e a cidade de Brigantia. Os celtas ingleses son famosos pola súa rebelión contra os romanos dirixida por unha muller, Boudicea ou Boudica, reina doutra tribu, dos icenos,  que así venga a violación das fillas polos romanos. Non conseguiu vencelos (o mundo sería distinto se o houbese feito), pero casi, chegando a tomar Londinium e a derrotar a unha Legio Hispana.