Tirimol

Submitted by admin on Fri, 08/03/2018 - 10:58

Un nome mítico celta do concello de Lugo, parroquia de Lugo.

Curiosamente non existe como lugar nos listados de toponimia da Xunta. Si como parroquia de tres lugares. Que significa? A casa do rei é cúbica, un cubo. Cando llo contei a un sobriño dixo que era raro. Que vos parece a casa do rei é rectangular?

Encrobas

Submitted by admin on Wed, 08/01/2018 - 11:24

Saía hoxe nos xornais. As Encrobas, unha zona (e mina) famosa polas súas loitas contra a implantación de Meirama.

Xa que solucionamos un dos enigmas imos propoñer outro aínda que con axuda:

No Focaloir Gaoidhilge-Sags-Bhearla or An Irish-English dictionary Whereof the escribe que

Cró a hut or hovel (cabaña)

Cró children

Cró the eye of a needle Gr Kvap the eye of a needle

Croo strait or narrow

Desvelamos Láncara

Submitted by admin on Wed, 08/01/2018 - 10:41

Un dos exercicios propostos fai tempo xa "En que lugar de Galicia os celtas teñen máis amigos?" o imos desvelar agora:

Lán cara= Moitos amigos é a solución. O concello de Láncara, en Lugo e outros lugares e vilas de Galicia chámanse así (por exemplo en Abegondo). O lugar natal do pai de Fidel Castro amosa xa o valor do colectivo. Moitos amigos, Láncara, sería tamén un nome precioso mesmo para Galicia. Se traballásemos coordinadamente e seguindo obxectivos de ben común, claro.

Desde Estocolmo

Submitted by admin on Sat, 07/28/2018 - 08:34

As últimas entradas, como esta, de Celtia.org foron escritas desde Estocolmo xa que estou asistindo a Bridges 2018 aquí. Que ten que ver Celtia con Suecia? Pois unha cousa curiosa. O sueco deixa rastros antigos na súa lingua. Por exemplo eu estou aloxado aquí

STF Gärdet, Stockholm
Sandhamnsgatan 59A
115 28 STOCKHOLM

Doce oración

Submitted by admin on Thu, 07/26/2018 - 19:38

Que é Goimil? Pois iso. A min este nome lémbrame unha discusión un día do grupo de ciencia en galego no que estábamos un representante do ILGA, outro da SXPL, outro da CIGA e o único profesor era eu. Todos defendían, creo lembrar, que de ter que reducir o galego era mellor nas matemáticas, porque teñen pouco vocabulario (comparado coa Bioloxía, por exemplo, o cal é certo). Pero a argumentación é incerta. Ter moito vocabulario soltado coma un dicionario fai proclive odiar á Bioloxía e o galego. Hai profesores que defenden que a memoria é o máis importante.  Cada vez, menos, pensamos outros.

Lagostelle

Submitted by admin on Mon, 07/23/2018 - 08:49

Un máis da serie telle "quente aquí". Probablemente deformado a Lagos (cun significado latino claro) desde Lagon (que non ten ese claro significado). Nese caso sería Bó día quente aquí. Non sabemos que pasaba e pasa polas noites.

O topónimo galego Lagostelle pode referirse a: