Buíña, Buíñas
- Read more about Buíña, Buíñas
- Log in to post comments
Como Nabia e Babia, en realidade debería chamarse Abia; os ríos dan lugar a unha gran produción de alimentos no seu contorno ou aínda coa sua pesca. Río Avia,
río que alimenta, que dá de comer, dos alimentos. O mesmo lle pasa a Ribadabia.... Ou Ribadavia?
Está claro que esta palabra galega, apelido e topónimo, está emparentada con Merille e Berille. Así que a deixamos como problema: ao rei de aquí pásalle algo... que lle pasa?
Berille e Merille son tal para cal e Be (xa contamos varias veces) é un verbo que se está presente nunha palabra aumenta a probabilidade de ser celta galega, ademais de poder fachendear de que falamos inglés desde o paleolítico. O abraiante desta palabra é a súa pronuncia no catálogo de toponimia galego. A pronuncia é birille, como se ademais de utilizar o mesmo verbo os habitantes tamén utilizaran a pronuncia como se estivesen en Lancaster ou en Winchester Abbey.
Ser (ou son) o rei de aquí será unha tradución nada rebuscada.
Un día destes quero visitar o Pazo de Merille en Ourol (Lugo). Un dos dos labores principais que me estou propoñendo e realizar unha descrición visual, hiperenlazada, descritiva e xeolocalizada do patrimonio cultural galego en novacarta.eu. A verdade que é unha labor xigantesca e sen axuda non o darei feito, (o mesmo que celtia.org e o 10^6 de palabras celtas galegas). Terei que deixar algo para as seguintes xeracións...
Estamos en Fonsagrada e alí temos a Pobra de Burón (e a Galipedia o ignora, coñece o Burón de León e non a localidade galega).
Di a wikipedia en español que
El término Burón puede hacer referencia a:
Dise moito en castelán e moito menos en galego, claro. Que é estar en Babia? Os reis de León e Galicia tiñan moito de cazadores -recolectores e lles gustaba moito ir de caza. Así que cando un súbdito ou cortesán preguntaba por eles, a resposta habitual era "Está en Babia". Que é o que pasaba en Babia? que había boa caza e os reis ían alí a cazar. Babia non está en Galicia senón na fronteira Asturias- León, pero realmente non moi lonxe da Galicia actual.
Bemantes é unha parroquia de Miño. E está próxima en significado, propaganda e construción a Begonte: O home está quente di a súa tradución. Hai boa temperatura, é habitable polo home serían traducións alternativas. Efectivamente, Bemantes é unha planicie algo inclinada cara o solpor de modo que todo o día está recibindo a calor do Sol. E desde a que se ve a ría de Miño, Betanzos e Ares dun modo especial. Tes que visitar Bemantes e ademais estarás quente!!!
Este Concello ten un nome de Propaganda. Como Láncara, Braga ou Pantín. Se o traducimos tendo en conta isto poñeriamos se vés aquí, estarás ben quente. Outro concello máis de nome celta nunha zona, nun triángulo climático e céltico moi destacado. Non perderon moitos dos nomes celtas tradicionais... que perviven ao longo de miles de anos. Sinalemos o verbo Be (Estar) e o te de quente que quizais teñan un pouco de rivalidade inserida. En Guitiriz hai peor tempo... E en Lugo tamén. Vese ao pasar pola estrada que hai néboa -ou chove- en Guitiriz e en Lugo e non en Begonte.