Vén acó!

Submitted by admin on Mon, 01/29/2018 - 13:10

Outra localidade galega fai, na lingua celta galega, unha publicidade imperativa "Vén acó!". É certo, a publicidade funciona en segundo que casos.

Probablemente acompañado de frases como "para mercar os mellores cabalos", "para comer o mellor polbo", etc. Como se ve a competencia entre festas, entre vilas, entre mercados, é xa moi antiga. Queremos atraer aos veciños as nosas actividades.

Aquí hai pan

Submitted by admin on Wed, 01/24/2018 - 12:57

Outro exemplo de autopropaganda nos nomes celtas das vilas galegas é aquí hai pan. Sinala urbi et orbe que se queres mercar pan non tes máis que ir ata ese lugar. Alí producen pan. Non sabelo é de país inculto. Unha parte da cultura desa vila está asoballada, como a de todo o país por non ter os rudimentos de ler celta galego.

Que dicir se a vila anuncia pan quente! Un irlandés diríao exactamente igual (comprobeino).

Ah!, falta a pregunta, onde están esas localidades?

 

 

Breamo, mon amour

Submitted by admin on Wed, 01/17/2018 - 12:46

A solución de Breamo a podedes ver en novacarta.eu

Aquí cómpre salientar dúas cousas:

A montaña Grand Teton (4197 m.) e a cordillera Teton de Wyoming chámanse así porque aos franceses que primeiro pasaron por alí lémbroulles unhas tetas. O monte de Breamo suxíreo millor.

Unha primeira idea da tradución podería ser identificar altura na palabra. Pois non. Breamo non destaca pola altura.

Cal é o letreiro máis celta de Galicia?

Submitted by admin on Wed, 01/10/2018 - 16:47

Para referirse a tradición celta galega frecuentemente úsanse dous tópicos:

-O letreiro de "Céltigos" en Ortigueira e a

-Estela "Céltica Supertamárica" depositada no Museo Provincial de Lugo.

Para min, sen embargo, este cartel perdido no medio do Camiño de Santiago, na zona Miño-Betanzos representa a maior expresión de celticidade:

Busca dunha palabra celta da que haxa moitísimos exemplos en toda Galicia (quizais millóns)

Submitted by admin on Tue, 01/09/2018 - 17:01

Temos un tipo de cultivo moi común en Galicia.  A palabra celta describe -indirectamente- de que tipo de cultivo se trataba ou aínda se trata.

Unha vez explicada a relación estará clara a pregunta. Pero agora queremos facer a reflexión: senón falamos celta a que vén que describamos millóns de leiras en Galicia cunha palabra celta?

 

A palabra máis buscada no dicionario da RAG, no 2017, é unha palabra celta

Conacha, o mesmo que conacho e conachada en ferrolano, son palabras celtas. Conach en celta galego antigo é riqueza. Así que conacha alude a riqueza de sensacións que se produce nela e a riqueza de descendencia. Quizais influído o seu uso porque contén a palabra latina, cona.

En canto a conacho en ferrolano alude a unha persoa presumida, petulante, alguén que se considera superior aos demais, que non se considera do común. Dito noutras palabras, un novo rico. 

Cuntis

Submitted by admin on Tue, 04/13/2021 - 10:21

Visto Cundíns é doado resolver Cuntis. Quitámoslle o s, latinización dunha palabra que acabaría e i, CUN-TÍ, e temos o resultado:

cun, m. (gs. ~). Stoutness, thickness. (resistencia, espesor).

tí, casa, 5 :teach.