Caga, outro falso irmán

Submitted by admin on Fri, 04/20/2018 - 10:55

Unha cantidade desproporcionada de topónimos galegos son así, caga, como se fose unha orde imperativa ou unha descrición de que "el caga". En principio soa extraño, non é claro en que situación a característica dos galegos de describir un lugar por unha propiedade estea ben recollida neste caso. Soa absurdo.

Agora ben, "caga" en celta son as "pegas". Así que eses lugares están descritos como lugares onde abundan as pegas. A diferencia de Cans, que un pode dubidar se é unha palabra celta ou non, en caga penso que non hai dúbida.

Tiobre, casa no outeiro

Submitted by admin on Thu, 04/19/2018 - 15:07

Tiobre está preto de Betanzos, cunha preciosa igrexa románica na meseta superior. Antes de chegar a ela tes unha pendente pronunciada chea de casas que están subindo cara o alto do outeiro.  O Bre de outeiro está ben acaído neste caso.

Ela, a mamá

Submitted by admin on Thu, 04/19/2018 - 14:44

Está preto de Oporto. Como sabedas a zona céltica  tradicional galega chegaba ben entrada en Portugal. De feito posiblemente os primeiros poboadores de Galicia, os do R1b, chegaron primeiro á zona de Oporto. Ao menos Spencer Wells nun video sinala esa zona como a de chegada dos poboadores de R1b.

 

A vila seguinte

Submitted by admin on Fri, 04/13/2018 - 11:30

Hai un concello na Provincia de A Coruña que se traduce por A Vila seguinte. A vila anterior debía ser máis importante no seu tempo e esa unha vila subsidaria, " A seguinte" da principal. Hoxe, seguramente, as tornas están cambiadas e a vila seguinte é a principal é a principal anterior é a seguinte actual.