Illas Gabeiras

Submitted by admin on Fri, 09/21/2018 - 12:21

As Illas Gabeiras son unhas illas de paxaros en fronte e preto dunha esquina dunha praia de Ferrol, Doniños. Ademais hai un miradoiro das illas Gabeiras. O apelido Gabeiras ten un ilustre representante no militar

José Gabeiras

José Gabeiras Montero, nado en Ferrol en 1916 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 2005, foi un militar español, ex Xefe do Estado Maior do Exército. Que interviu contra o golpe militar do 23 F.

Cuíña

Submitted by admin on Thu, 09/20/2018 - 16:02

A wikipedia galega di que:Unha cuíña é unha pequena elevación do terreo, de pouca extensión. Como orónimo, Cuíña pode referirse a:

Mala e Malata

Submitted by admin on Thu, 09/20/2018 - 11:11

Mála significa bag, bolsa. Polo que non é difícil imaxinar de onde vén o nome de maleta en portugués: mala.

Vexamos algúns exemplos de irlandés:

mála mine air, he is carrying a bag of meal.

Bendía

Submitted by admin on Tue, 09/18/2018 - 15:01

Falamos na entrada anterior de Outeiro de Rei, das súas parroquias. Bendía é unha delas e é simétrica da parroquia Mandíá de Ferrol.Despois de todo o visto un lector atento xa debe saber a tradución sen que lla conte. Ben é unha entrada xa escrita nesta web (poñer Ben en buscar) e Día aparece na frase Dia Bas que tamén aparece aquí. Eu diría que están a falar da Raíña Morrigan,  dunha deusa muller.

Duancos

Submitted by admin on Tue, 09/18/2018 - 11:55

Les os xornais do día e aparecen  topónimos novos a esgalla. Hoxe lin o de Duancos en Outeiro de Rei. Ver a Galipedia. En Outeiro de Rei todas as parroquias- ou case todas- son celtas, teñen nome celta.

Dado que cos é celta e necesita un bó número de entradas para explicalo, imos deixalo de momento e concentrarnos en Duan. Que é duan?

Duán e gancho para o peixe que usan os pescadores, fundamentalmente, ainda que tamén ril. Así que podemos dicir:

Declinando ao can

Submitted by admin on Mon, 09/17/2018 - 11:28

Imos corrixir as entradas nas que falamos de cú, coin e con (conlle)

En Old Irish a declinación de cú ('hound') é a seguinte:

Singular N cú, G con D coin A coin

En plural N coin G con D con(a)ib A cona

Nacho

Submitted by admin on Mon, 09/17/2018 - 10:32

A galipedia non coñece a palabra, pero o dicionario da RAG si:

Di: Tipo, individuo, especialmente se é un mozo. Era un nacho moi coñecido na bisbarra.

Aventurarémonos a dicir cal é a tradución en Old Irish de nach? Pois a definición da RAG, pero máis breve 'any'.

Temos dúas vías nech como 'any one, anything' e a fundamental nach (n. na) 'any'

O galego está cheo de sorpresas celtas coma nacho.

Eo

Submitted by admin on Sun, 09/16/2018 - 14:42

Longamente desexada a súa tradución, finalmente podo poñela aquí extraída doutro libro de Old Irish:

Di que ïach é gen. sg. of éo, 'salmon' fr. *ëoch; Welsh eog

Así que todo está perfectamente cadrado, o río Eo, o mesmo que din os galeses e como se dicía en Old Irish, é un río de salmóns. Seguramente pescábanse moitos salmóns.

Agora vén a conto a historia dos mineiros asturianos que fai algúns séculos (estou a falar de memoria) puxéronse en folga porque todos os días tiñan de menú na comida salmóns. Nese momento aínda máis abundante que hoxe.

Horror vacui

Submitted by admin on Sun, 09/16/2018 - 14:05

O artigo Horror vacui da wikipedia galega explícao bastante ben: na arte,  na ciencia, na filosofía, no sentido da vida, na relixión e tamén no que tratamos aquí, na toponimia existe un horror ao baleiro. Pretendemos darlle un significado entendible a palabras que non entendemos e as buscamos entre as que si coñecemos (non entendemos palabras celtas e as deformamos e as convertemos en case latinas, que si coñecemos). Queremos ver un mundo con orde e non desordeado, cheo e non baleiro de significado.