Casa nobre

Submitted by admin on Fri, 04/06/2018 - 12:11

Non abunda moito este topónimo celta. Así que ser de casa nobre ou non, non debía ser unha preocupación fundamental para a maioría da xente. Sen embargo nesa zona si debía selo: hai tamén unha casa real nas proximidades.

 

Arma no teito

Submitted by admin on Fri, 04/06/2018 - 11:58

Aínda que é tamén topónimo, quizais sexa máis coñecido como apelido. A que se referirían exactamente? Non sempre podo facer unha hipótese razoable do porque da existencia dunha palabra (e na maioría dos casos será unha especulación). Neste caso non será razoable, senón a primeira que se me vén a mente: un uso da arma como galón, como xerarquía,  denotando a importancia militar do que vive alí, algo así como os brasóns de pedra dos pazos e casas medievais.

 

Cacerola metálica

Submitted by admin on Thu, 04/05/2018 - 12:26

Nese lugar, na costa, seguramente fabricábanse hai miles de anos pezas de cociña e cacerolas, potes, etc... metálicas. Por se serve de algo, cacerolas en irlandés actual é pannaí. Así que case o traducimos mellor do  inglés.

Da mesma liña de palabras que Arma metálica que xa vimos.

 

Abuín

Submitted by admin on Wed, 04/04/2018 - 17:14

Outro apelido celta. Este outro exercicio é faciliño tamén. Que é o que coñecemos da palabra? A letra A, por outra banda é exactamente igual co a inglés, un, unha. Hai que lembrar que o celta permite prescindir deses artigos indeterminados. Aquí, sen embargo, se poñen.

Ademais

O topónimo Abuín pode referirse a:

Arma metálica

Submitted by admin on Wed, 04/04/2018 - 17:14

É unha tradución -algo libre, a verdade- do nome dun concello galego. Lese o mesmo en inglés que en celta galego. Explicado este nome abriranos a porta a un cento de nomes celtas galegos. Pero agora estamos preguntando. De que concello se trata?

San Cristovo de Novelúa

Submitted by admin on Mon, 04/02/2018 - 14:06

Fun hai 2 días ata San Cristovo de Novelúa, unha preciosa igrexa románica en Monterroso, o cal traéme á mente tres reflexións:

-San Cristovo, un Santo lendario. é dicir imaxinario, co que a Igrexa cristianizou algún deus pagán. Semellante a Bríxida, deusa  celta que conservou o mesmo nome como santa. Polo número de parroquias que se chaman Cristovo na wikipedia (case 20) dá idea da importancia do deus primitivo anterior en Galicia. A algún destes santos lendarios hai pouco a Igrexa devolveunos ao limbo, fixoos desaparecer do santoral.

Vila Grande

Submitted by admin on Sun, 04/01/2018 - 12:37

Este é un apelido celta. Cal é? Despois de todo o que vimos ata agora  a pregunta está chupada. Non?

Esta pregunta admite unha resposta multilinguaxe, xa que vimos que orixinalmente Vila poidese ser Baile ou Bally, que convertida ao galego convértese en Vila, que convertida ao castelán convértese en Villa. Como ninguén ten idea de que significa a segunda parte da palabra- estritamente celta- ninguén fai o xogo de traducións para esa parte. Pero nos apelidos galegos hai versión galega e castelán da primeira parte da palabra.

Mosaico de vaca

Submitted by admin on Tue, 03/27/2018 - 10:02

Esta é unha pregunta fácil: hai un tipo de comida, propia do inverno e da neve que está feita (ao menos orixinalmente) con anacos de carne de  diversas partes do corpo da vaca ou das vacas. A esa mestura de diversas carnes do corpo de vaca os nosos devanceiros dironlle o fino n0me de mosaico. Pensaban en tres dimensións e falaban de mosaicos tridimensionais, non bidimensionais. A min gústanme eses mosaicos de vaca. E a tí?

Bally, Baile na, e Vila

Submitted by admin on Sat, 03/24/2018 - 22:14

"Bally é un prefixo extremadamente común aos nomes de cidades de Irlanda, e derívase da frase gaélica" Baile na ", que significa" lugar de ". Non é moi correcto traducir a" cidade de ", xa que había poucas, se algunha, cidades en Irlanda no momento en que se crearon estes nomes.".