Maradona, tan malo

Submitted by admin on Tue, 03/06/2018 - 17:18

É un famoso apelido debido ao futbolista arxentino que así se chama, pero tamén, como é habitual con algúns apelidos galegos, existen topónimos Maradona en varios lugares de Galicia (que non os menciona a Galipedia, só existe o futbolista Maradona). 

Maradona, un apellido lucense - La Voz de Galicia Tamén fan diversas hipóteses sobre a orixe da palabra.

Hai outros lugares de Galicia, sen embargo, no que existe Maradona. Así que

Praia amarela

Submitted by admin on Tue, 02/27/2018 - 21:50

Onde está a praia cuxo nome significa praia amarela? Pois unha, polo menos, está nunha zona rochosa na costa galega. Destaca a precisión de praia amarela (de area fina amarela). A explicación: nesa zona ese tipo de praias son escasas e o máis natural é que fosen de rochas, así que "amarela" distingue e localiza esa praia distinta. A descrición, en celta, dun lugar caracterizado por esa descrición. Non é posible que sexa unha casualidade.

Cal é o nome celta, e actual, que estamos a buscar?

 

O apelido Bua

Submitted by admin on Fri, 02/23/2018 - 11:34

Como algún xa estará pensando que cúmulo de casualidades nos está contando, imos falar do apelido Bua. Pois ben, en celta significa  victoria, gañar. Aquí temos por fin un termo militar. Unha máis do millón de  palabras celtas galegas prometidas, que non se poden deber a símple casualidade.

Visión do mundo. Romanos e polinesios.

Submitted by admin on Thu, 02/22/2018 - 14:48

O nome de Fisterra en celta era visión do mundo ou visión da Terra. Hai un problema de mentalidade asociado. Para un romano era natural chamalo Finis Terrae pois tiñan unha visión reducida do mundo. Fóra do Mediterráneo, do Mare Nostrum, os mares eran moi problemáticos e exemplo disto e que nin siquera se atrevían a cruzar o río Limia:

"a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia.

Vacas nas estrelas

Submitted by admin on Wed, 02/21/2018 - 16:28

Unha  palabra galega fala- en celta- de vacas nas estrelas. Un tema algo estraño (os das cidades case non vemos as estrelas, para poder ver vacas, ademais, nelas), a que tema se refire?

Hai que ir a wikipedia española para ver que tamén os gregos vían vacas nas estrelas:

Poema cantado

Submitted by admin on Wed, 02/21/2018 - 15:39

Polo que se ve, atendendo a este poema, non todos os poemas celtas galegos eran cantados, senón quizais recitados.  Algúns, sen embargo, en varias zonas de Galicia, eran cantados. A pregunta é: onde están os poemas cantados galegos?

O apelido Ben

Submitted by admin on Tue, 02/20/2018 - 19:01

O apelido Ben en escocés significa montaña. En irlandés antigo é muller- ver o dicionario citado de irlandés antigo. En irlandés moderno a palabra muller ou esposa está lixeiramente deformada a bean. Así que por esta vía temos a descrición dun apelido de foco nos arredores de Burela (hai un mapa do Ilga en Internet que describe as cantidades de apelidos por concello en https://ilg.usc.es/cag ).

O apelido Buide

Submitted by admin on Tue, 02/20/2018 - 18:52

Hai moitos apelidos galegos que son palabras celtas puras e duras- ademais de galegas, claro. Todos coñecemos algunha familia Buide. Imos ao dicionario de irlandés antigo e alí esta perfectamente documentado.  Buide é a palabra do irlandés antigo e do celta antigo  para amarelo. O amarelo moderno irlandés, do que tamén temos moitísimos exemplos nas leiras de Galicia é buí.  Tal vez indicando aquelas leiras que tiñan cultivos de trigo, cebada, etc que no verán volvénse amarelos.

Gaita

Submitted by admin on Tue, 02/20/2018 - 15:15

Paso, marcha, modo (especial?) de andar é o significado celta de gait e remite indirectamente ao modo especial de andar, seguramente marcial, que se produce cando camiñamos seguindo o ritmo dunha música de gaita. Desde Escocia a Irlanda, desde Boston e Nova York, pasando por Ourense facemos desfiles de gaiteiros, seguindo unha orde marcial, ordenada, unha marcha, cun modo especial de andar. Dámoslle  nome ao instrumento usando o efecto que produce no camiñar dos músicos -ou dos oíntes, moitos dos cales, bailan-.