Gaita

Submitted by admin on Tue, 02/20/2018 - 15:15

Paso, marcha, modo (especial?) de andar é o significado celta de gait e remite indirectamente ao modo especial de andar, seguramente marcial, que se produce cando camiñamos seguindo o ritmo dunha música de gaita. Desde Escocia a Irlanda, desde Boston e Nova York, pasando por Ourense facemos desfiles de gaiteiros, seguindo unha orde marcial, ordenada, unha marcha, cun modo especial de andar. Dámoslle  nome ao instrumento usando o efecto que produce no camiñar dos músicos -ou dos oíntes, moitos dos cales, bailan-.

Rúas vermellas

Submitted by admin on Tue, 02/20/2018 - 13:32

Rúa procede do celta, como seguramente a rue francesa. Ten un significado en celta galego, en celta antigo, claro, directo dunha cor tal vez relacionada co barro. De modo oficial e xeralizado dise que, en cambio, vén do latín ruga (camiño, canal, como arruga), pois as rúas tiñan como función tamén que as augas corresen (arrastrando o lodo, ao mesmo tempo). Ou sexa que pode ser que as dúas versións teñan algo de verdade, pero a palabra que non necesita transformación ningunha é a rúa celta. Así que en Celtia a etimoloxía de rúa é a vermella do barro desa cor.

A nosa bandeira

Submitted by admin on Mon, 02/19/2018 - 11:36

É a bandeira de Celtia, un país imaxinario a cabalo do paleolítico (un país prerromano, xa que logo) e o presente onde o pasado de Galicia faise máis claro. No fondo a bandeira máis antiga do mundo, a escocesa, que aparece como a cruz de Santo André no ceo da batalla de Athelstaneford no século IX, no 832.  Bandeira tamén chamada  Saltire. Esta cruz tamén entrou a formar parte da bandeira do Reino Unido ou Union Jack en 1606.  Agora de Celtia.

Na terra estase quente

Submitted by admin on Sun, 02/18/2018 - 21:55

Imos a un lugar mítico celta galego (sen discusión, e admitido universalmente). Estamos hai 4000-5000 anos e como pobo decidimos enterrar os nosos parentes e veciños en terra, (ou quizais só aos xefes), pasando dos tipos anteriores de enterramento (quizais deixalos como comida para carroñeiros, no lume, no mar, etc). Inventamos o enterramento nas mámoas. E inventamos tamén a xustificación, queremos manter quentes aos nosos, deixalos cos seus enxovais, coas súas armas e posesións máis apropiadas para a viaxe ao máis alá.

O poema da vaca marrón

Submitted by admin on Thu, 02/15/2018 - 14:02

Neste lugar hai unha fervenza, e inspira unha reflexión sobre as xentes celtas galegas e os seus lugares: teñen centos de lugares que tiñan un poema asociado, (xeolocalizado como facemos en novacarta.eu, críamos que o inventabamos nós e fixéronno os nosos antergos) e o título dese poema dá nome ao lugar. Estou falando non de un, dous ou unha ducia, estou falando de centos de lugares que tiñan poemas asociados. O predominio cultural das letras sobre as ciencias en Galicia xa vén de lonxe. Somos bardos, e, moi tanxencialmente, guerreiros, agricultores, navegantes e pescadores.

Malas herbas: o caso da herba dona

Submitted by admin on Tue, 02/13/2018 - 19:34

Estaba contando que era a herba dona a un criador de frores e herbas e rapidamente di:

Algo así como belladona. Pois non, a belladona ten opio que dilata e embelece as pupilas das donas. A herba dona " por mor a que o seu zume provoca un intenso lagrimexo, coma se se tratase de fume, así como polo seu cheiro, que tamén se lle asemella.", simplemente é unha mala herba.

Herba dona na Galipedia

El niño de la guía

Submitted by admin on Mon, 02/12/2018 - 17:39

Hai un exemplo moi famoso de trasposición (máis que traducción) na época de Franco da localidade de Niño da Aguia (un fermoso e clarísimo descritor do lugar, "el nido del Águila") ao castelán como "El Niño de la Guía". Nun vemos un fermosos monte cunha aguia no cume e noutro vemos un neno "que guía".

Problemas e aprendizaxe

Submitted by admin on Sun, 02/11/2018 - 14:00

Celtia.org é unha especie de libro de problemas. Recomendamos para aprender ir a visitar as páxinas de  https://www.progael.com como a de https://www.progael.com/gl/tematicos/ver/21 ademais de aprender que as cousas son como son -celtas- nunha magnitude  inimaxinable e moi doumentada, serven para despois aprender a resolver os problemas que propoñemos.

Os recomendamos. Le un artigo de celtia.org e tres deles...