Quinteiro e Quintairo, cal é a orixe dos -eiro?

Submitted by admin on Wed, 05/09/2018 - 18:51

Un dos problemas de traducir palabras como quinteiro é que o sufixo -eiro non é celta. É un engadido na idade media a palabras que si o podian ser. Tratábase de facer sufixos "estándar" de tipo "-eiro", modificando a palabra orixinal, agora xa sen moito sifnificado.

No caso de Quinteiro a palabra Quintairo pode aclarar a orixe:

O significado é Son demasiados parentes, son parentes en demasía.

normalizamos esa palabra a un sufixo estandard e temos Quinteiro

Máis, moitos máis parentes

Submitted by admin on Wed, 05/09/2018 - 13:14

Sequimos coa racha ou saga dos parentes:

Quintillán, Forcarei

Significa unha morea de casas de parentes, ainda que na Galipedia persiste o significado do "paracaidista" alemán. En realidade, segundo esa hipótese a metade dos suevos que chegaron a Galicia deberían chamarse Quintilianus dado que deixaron a súa impronta en centos de lugares de Galicia. A Galipedia di:

Morquintián, casa grande dos parentes do compañeiro

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 18:16

Como consecuencia dos dous números anteriores case estamos con capacidade para resolver palabras semellantes. Imos aló:

Quintiá, quizais unha casa dos parentes

Quintián=Casa dos  parentes do compañeiro ou casa nobre dos parentes

Morquintián=A casa grande dos parentes do compañeiro , ou a casa grande e nobre dos parentes

Imos ver outras opinións:

Os parentes da morte, os noivos da morte, os lexionarios galegos?

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 16:57

Había lexionarios galegos? Sabemos que loitamos cos cartaxineses ou/e con Aníbal contra Roma nas guerras púnicas. Iso era un costume moi extendido?

Pois non sabemos demasiado sobre o tema. Si indicar que os de moitos lugares de Galicia presumian de parentes da morte, de ousados, atrevidos, os de Quintás:

En realidade hai moitisimos máis topónimos Quintás que estes que refrexa a wikipedia galega, pois non se refiren a unha característica dun lugar senón das persoas (na miña aldea había varios Quintás):

Mens

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 16:05

Mens é un pequeno lugar cerca de Malpica. Unha das igrexas de Mens ten esculpidas sheela na gig...

A pregunta, tonta, que imos facer é que significa? Hai algo que sobra, seguramente engadido na Idade Media?

Desde logo, máis fácil non pode ser...

Home Deus

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 16:00

Home Deus, Home para deus, quizais home santo, é un lugar preto de Ferrol. Home dise como en inglés, man...

A estas alturas se non sabes responder a que lugar me estou a referir, desde logo non acadas o nivel de atención necesario... Vas ter que volver en setembro....

Nós temos homes

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 14:28

Ou ben nós somos os homes é a tradución dunha vila da provincia de Lugo ou un lugar da provincia de Pontevedra, polo menos. Homes aquí lese como en inglés, men. Como se di nós en celta? Pois xa sabes de que vila estamos a falar.

Ferrol é un heroe

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 14:02

Os libros de contos da toponimia falan dun Santo chamado Ferreol que veu aquí non se sabe cando a facer non se sabe que e que os ferroláns moi agradecidos puxéronlle  o seu nome a cidade.

En realidade Fer é home en celta antigo (fir é o plural no seu caso e temos exemplos) aínda que o home máis moderno é man e men (xustiño como o inglés, que casualidade!).