Reinante, Reinoso, Reinosa, Freinabal

Submitted by admin on Mon, 04/18/2022 - 11:20

Aproveitemos que ainda tes fresca a entrada anterior e imos  comentar eses lugares galegos e de Santander (Reinosa).

Empezamos por Reinante. Un lugar para pasar o veraneo desde o frío do inverno de Lugo. Unha praia. Un lugar en que as construcións inmobilarias dispararonse antes da burbulla inmobiliaria de 2008. Tan baratos os pisos que Florentino regalábache un en Reinante se mercabas un piso en Madrid 30 veces máis caro. Ou iso contaban. Pero ser, segue a ser un dos lugares nos que foi (pisos pequenos a 20000 euros) e segue a ser (a 38000 euros) máis barato que ningures. En resumo, un lugar para pasar na praia e quente o verán.

Por outra banda xa vimos que Réin é outra forma de dicir camiño en celta (ademais de Rian ou de bal en Galicia). Entón Reinante descompoñémolo en Rein+an+te. Camiño ao quente. Quizais significando camiño á praia onde estarás quente ao sol.

Pasamos a Reinosos. Rein+latinización o+so (este, coma en Rian+so, este camiño). E que pasa con Reinosa, en Santander? Pois fala de que Reinosa é un lugar onde pasar (de moita neve e frio no inverno, debe ser un dos poucos lugares onde se pode pasar desde a meseta, case "o camiño" como lle pasaba a Riaño) se queres ir á costa de Santander. Rein+ lat. o+ sa=En camiño á costa ou en camiño á meseta. Se mirades google-maps podedes ver porque Reinosa é o camiño. Un lugar onde podes cruzar a barreira do río Ebro (ten pontes) e doutros ríos máis pequenos da zona: Híjar, Izarilla e río de Las Fuentes. Pero o máis importante para comprender que é "o camiño", é que hoxe segue a selo, por alí pasa a autopista 67 a Santander e a nacional 611, os únicos camiños directos a Santander, desde Palencia ou Burgos.

Freinaval ou Freinabal interprétoo así: O nome do lugar era Reinabal (algo así como camiño, pero algo de monte (bal)). Alguén, nalgún momento posterior, dixo que é reinabal, iso non se entende!. É un erro que fala dun Frei ou frade e o seu nabal. Constrúese unha historia ou lenda e xa temos o  novo nome. Freinabal.