Fonte e Igrexa de Seavia e outra igrexa celta de Cerceda

Submitted by admin on Mon, 07/04/2022 - 09:00

Fonte e Igrexa de San Mamede de Seavia é unha localización en Coristanco que visitei hai uns días. Contén o bia celta, característico do nome de moitos ríos galegos.

bia1, m. (gs. ~, pl. ~nna).1. Food. Alimento

Hai un río? O rego de Seavia é o máis parecido a un río, nas proximidades da Igrexa. Igrexa románica pero máis alta do habitual. A fonte, posiblemente máxica e sagrada, está na explanada da Igrexa. Dun gran tamaño e esculturas desproporcionadas para un fio de auga que bota. Quizais as lendas e historias da zona expliquen a importancia desa fonte. Pero o nome tamén fala dunha certa divinización xa que tradúcese por

Se+a+bia=El (pode ser un deus ou a divinización da auga) (é) o alimento.

En canto a igrexa da Silva de Cerceda ten todas as características dunha igrexa celta galega. Igrexa máis ancha que alta (a espadaña é un engadido moi recente en todas as igrexas galegas). Dúas portas -por diante e por detrás- pequena e feita con materiais moi simples e pouco elaborados.

Por se estas referencias non fosen suficientes, a última foto, ten un escrito que o asegura:

Dende hai miles de anos nesta igrexa celebráronse os solsticios de inverno. No do ano 1994, sendo párroco....

Dende hai miles de anos desde que se fixo esta igrexa-celta, polo tanto, parece que o sol entra no solsticio de inverno.