Ponte Loña e parque de Lonia en Lona

Submitted by admin on Thu, 07/07/2022 - 17:54

Hoxe visitei Ponte Loña segundo Turismo, pero a pesar de que o lugar  parece o mesmo a imaxe non a e. Ademais en Ourense e nos mapas chámanse Ponte e Parque e Río Lonia. As casas por riba da ponte teñen un letreiro con Lona.

Cal é o misterio do topónimo? Que significa?

Pois a pesar de que coinciden bastantes detalles a Ponte Loña de Turismo non é a ponte Lonia dos mapas.  Non sei, hai un misterio respecto a esa ponte antiga e onde está.

Ademais, Loña non é Lonia, pero si é un derivado de Lonia. De Lonia->pásase a Loña, coma desde A Nión pásase a Añón.

De novo, algo extraño, que de pronto apareza o nome orixinal.

Que é Lonia? Eu entendo que Lon-provisión e fonte de auga e que a a final indica coma en Saa que é unico. É un rego grande sen afluentes que desemboca no Miño. Un lon único, di, quizais. Total podedes mirar as imaxes aquí,

Ponte Loña e parque de Lonia en Lona

Despois de moitas voltas determinei que o erro foi meu. A ponte non é a ponte da estrada, recente, senón dun camiño que hai que seguir pola rúa Ceibe para atopar esa ponte Loña, ao menos medieval. As fotos corresponden ao parque Lonia. Pero a ambigüidade no nome continua incluso en google maps. Ao lado de Pasarela sobre o río Loña, de Senda Loña e Canón Loña temos parque Lonia e río Lonia. Conclusión, coma xa sabemos, Lonia=Loña.

A solución en novacarta.eu será poñer 2 puntos distintos: o parque Lonia e a ponte nova de Lonia e outro punto da ponte Loña a referenciar noutra visita a Ourense. Como podedes ver, facer novacarta.eu non é so viaxar por toda Galicia, é coma resolver un gran enigma, composto de pequenos enigmas, un tras outro. E este é un deles. E o gran enigma é Galicia.

Por se queredes ver e explorar a ponte Loña (o especial, o antigo) en google maps podedes velo con Streetview