Magalláns, o galego que deu a volta ao mundo por vez primeira

Submitted by admin on Mon, 08/29/2022 - 13:37

Relativo a Fernando de Magalhães di a Galipedia que O Estreito de Magalláns ou Estreito de Magallanes, localizado en Chile coas súas bocas orientais na Arxentina, no extremo sur de Suramérica.  En Astronomía di que

A wikipedia en español, de Fernando de Magallanes di que Fernão de Magalhães, Sabrosa, Portugal, 4 de febrero de 1480-Mactán, Filipinas, 27 de abril de 1521),2​ fue un militar, explorador, mariño e navegante portugués de linaxe nobre.

A wikipedia en portugués di que Fernão de Magalhães Fernão de Magalhães (Sabrosa, Primavera de 1480Mactan, 27 de abril de 1521) foi um navegador português que se notabilizou por ter liderado a primeira viagem de circum-navegação ao globo, de 1519 até 1522, ao serviço da Coroa de Castela.

Pois ben, Fernando de Magalláns nace en Sabrosa, Sabrosa que é unha vila portuguesa pertencente ao distrito de Vila Real, na rexión de Trás-os-Montes (Norte) . Así nace nunha rexión de Trás-os-Montes, pertencente á Gallaecia histórica, céltica, romana ou sueva.

Así só nun lugar da wikipedia galega di o que sería o nome galego Magalláns de Magalhães, seguindo unha tradución do español Magallanes. Pero onde está a orixe do nome Magalláns, Magalhães ou Magallanes?

Pois a Galipedia fala de Magaláns, Dorrón, Sanxenxo  e nós xa sabemos que os celtas galegos din frecuentemente lan (moito) coma llán. O nome Magalán podería perfectamente ser pronunciado coma Magallán e cun s inventado temos xa a orixe de Magalláns, polo tanto de Magallanes e de Magalhâes. Ainda que tamén pode vir de Paço_Vedro_de_Magalhães, freguesia portuguesa do concelho de Ponte da Barca, perto da fronteira con Galicia.

En primeiro lugar unha consecuencia da escritura actual do galego é que permite entender a orixe etimolóxica de Magalhâes. En portugués sería máis dificil.

En segundo lugar Magalláns, como Magalán, que xa vimos, significa Maga-cunca, lán (moita), moita cunca. Indicando, quizais, abundancia de comida no lugar. Como só vemos dous Magalán en Galicia e Portugal, temos que concluír que a orixe galega do apelido Magalláns é de Magalán, en Sanxenxo ou de Paço_Vedro_de_Magalhães freguesia portuguesa do concelho de Ponte da Barca, tamén case galega.

Non estamos a falar dos misterios do Colón pontevedrés. Estamos a dicir que a orixe máis probable da palabra Magalláns esta en Magaláns, Sanxenxo ou na proximidade da fronteira de Portugal con Galicia, dentro da zona de Gallaecia. Polo tanto dun posible e antiga liñaxe familiar pontevedresa ou raiana de Magallanes, e, polo tanto, dos centos de Magallanes que hai en Chile, do estreito de Magallanes, do paso do Atlántico ao Pacífico ten unha orixe etimolóxica, celta e galega. Nada máis e nada menos.

Dicia Hitler na súa Mein kampf que todos os descubridores españois en América o eran por ser visigodos. Unha patochada que segue a ter seguidores. O país dos descubridores é Galicia que descubre Irlanda, Escocia, Gran Bretaña   e Bretaña hai miles de anos. E como veremos máis adiante hai nomes celtas entre os descubridores portugueses ou españois. Magalláns é o primeiro.

Aproveitemos o momento para ver o que di a wikipedia inglesa sobre Breogán e como reconfirma algo que moitos negan. O artigo é Breogán e o texto di

Although this is generally regarded as myth, the conquering of Ireland by people coming from the Iberian peninsula in prehistoric times fits in with a genetic study conducted in 2006 at Oxford University, which concluded that the majority of people in the British Isles are actually descended from neolithic farmers coming from the coastal north regions of Spain.

Aínda que isto é considerado xeralmente como un mito(O texto do Lebor Gabála Érenn), a conquista de Irlanda por persoas procedentes da península Ibérica na época prehistórica encaixa nun estudo xenético realizado en 2006 na Universidade de Oxford, que concluíu que a maioría da xente das Illas Británicas é en realidade descendente de agricultores neolíticos procedentes das rexións costeiras do norte de España.

Por último esta entrada está dedicada a Magalláns no próximo 503 aniversario do comezo da súa singular fazaña baseada nas súas ideas singulares. Foi o  20 de setembro de 1519 cando saiu de Sanlucar de Barrameda, onde unha placa o conmemora. Antes non se celebrou.

E tamén a Marián Vidal polo seu interese por Celtia e polo seu asombro de que a orixe celta de Galicia ainda non sexa totalmente recoñecida.