Perden as barbas

Submitted by admin on Wed, 01/31/2018 - 10:41

Ao menos dúas vilas galegas perden as barbas en celta galego. Había competencia sobre quen se afeitaba máis e mellor? O que si que as barbas aparecen en moitas vilas no celta galego. Noutras vilas anuncian, ao revés, que alí hai boas barbas ou que son pequenas (refírense a un tema arroxadizo? Son máis homes se tiñan máis barbas? Ou máis romanizados se non as teñen?). A verdade é que non o sabemos...

Como sempre o que se descobre amplía moitísimo o que queda por coñecer derivado dese novo coñecemento. A verdade é que estes descobrementos apenas teñen importancia, o que si que farán unha confrontación a morte é as dos casos en que xa están na cultura popular e extendida en libros, ditos,  invencións, folclore, lendas e contos. Como diría Planck " A verdade nunca trunfa, simplemente os  seus opoñentes  vanse morrendo.". Desde aquí xa anuncio que non entrarei en liortas e desboque de emocións incontibles que producen estes temas. Non o cres? Pois simplemente consideráo como un blog literario máis. Ou deixa de miralo...

Cales son as catro vilas citadas?