Bama

Submitted by admin on Wed, 03/29/2023 - 18:57

A parroquia de Bama é especial, Bama, é unha parroquia do concello de Touro. Visiteina o día 27 e podedes ver a igrexa:

Igrexa Parroquial de San Vicente de Bama

Cando ía cara a ela, ia traducindo Ba-era, ma-planicie. Era unha chaira, unha planicie. Traducín Traba por "era unha praia" e, si, efectivamente a Traba de Laxe alomenos foi unha praia que progresivamente foi alonxándose das liñas de costa e zona da igrexa está sobre as areas dunha zona de praia moi antiga, que ten preto nova praia actual.

Pero que pasa con Bama? Pois tipo Traba pode haber moitas, pero algo que fose chaira e agora non é moi raro, non? Algo como iso na época humana tivo que ser un terremoto, un proceso xeolóxico brusco que case desbota a traducción anterior. Hai alternativas? Pois bama pode ser unha forma gramatical de ama (xugo) ou de am1, m. (gs. ~a, pl. ~anna).Time. 1. Measured time. Ou moitas máis medidas de tempo. Nese caso, o seu significado sería relativo a esas posibilidades.

Pero a zona non era unha chaira, non pode ser Era unha chaira, me dixen. Ata que cheguei a zona de Sar. Ah, aquí había inundacións, pero como? eran lombas moi baixas, pero o suficentemente altas para que non houbese moita posibilidade de inundacións. Entón a zona de Bama-Sar é a primeira mostra dunha obra de enxeñería galega, case prehistórica, para domeñar as inundacións? Pois a min paréceme incrible, pero non nego que a posibilidade de que fose así, atráeme enormemente.

Foi así? Alguén debería estudar as lombas e comprobar se son artificiais ou non. Porque se son artificiais son as pirámides de Galicia. E habería que determinar que teñen de especiais.

Aínda que ao mellor as chairas foron corroidas polos ríos ou regos da zona cuxos efectos modelan lombas con zonas baixas con ríos. E si entón, de forma natural as chairas diron lugar a lomas a través dos ríos. Nuns poucos milleiros de anos.