Yesterday (filme de 2019)

Submitted by admin on Thu, 07/13/2023 - 21:31

Di a Galipedia que:

Yesterday é un filme británico-estadounidense de 2019 dirixido por Danny Boyle e escrito por Richard Curtis. Baséase na historia orixinal de Jack Barth e Curtis. Himesh Patel protagoniza o músico en dificultades Jack Malik que de súpeto descobre que é a única persoa no mundo que se lembra dos Beatles e consegue ser famoso por interpretar as súas cancións. O resto do elenco está composto por Lily James, Joel Fry, Ed Sheeran e Kate McKinnon. O filme recibe o título pola canción homónima de 1965 dos Beatles.

Como se todo o mundo cambiase de Universo de pronto e nese novo universo paralelo non houbesen existido os Beatles. O protagonista mira en Google e dos Beatles só sabe dos escaravellos, pero non do grupo dos Beatles. Todo o mundo esqueceu o nome, as cancións, os discos, os vídeos e as películas dos Beatles. Así o protagonista pode facerse famoso, porque as lembra.

A min ocorreseme algo diso agás o de facerme famoso. Parece que en Galicia e en España, por razóns políticas, e de comenencia, as persoas educadas fixéranse unha lobotomía no cerebro, e viven nun mundo, nun Universo paralelo onde os celtas nunca existiron. Así que inventan Gundemaros, Vicus, e miles de trapalladas semellantes para explicar o que non poden explicar, simplemente, porque están cegos ao celtismo, aos celtas e a súa cultura.

Cando volverán a vivir nun Universo real?