Viadeiro

Submitted by admin on Sat, 10/11/2025 - 12:45

Viadeiro, lugar da parroquia de Castro, no concello de Miño.  Situado próximo a Leiro, a Andrade e a Bañobre, todos eles xa explicados aquí. A zona chámase de Miño-Castro porque no pico do monte de Bañobre está situado o Castro de Miño (pero hai máis coma o que está situado no cemiterio de Miño). Ben, unha interpretación latina pode ser Via-deiro, onde vía está clara e deiro é un remate estándar -eiro galego.

Pero imos ao celta e entón non temos v, temos b. Bia-deir-o. Vexamos

bia1, m. (gs. ~, pl. ~nna). 1. Food.  Comida

deir2 : abair1. deir é o presente de falar

abair1, v.t. & i. (pres. deir, p. dúirt, fut. déarfaidh, p.aut. dúradh, vn. , pp. ráite). Say. 1. Utter, speak,    Dicir. 1. Pronunciar, falar

E "o" é un adorno medieval de remate de palabras 

Así que Biadeir quere dicir o lugar onde extraen os alimentos a xente da fala. A xente que é nosa, da nosa fala. Posiblemente os do castro a 500 metros dalí.

É Posible? Pois agora mesmo chámase Viadeiro a un núcleo rural de 10 casas, pero a zona de Viadeiro é unha zona chaira, soleada, que remata xusto no Castro e o perfil cae ata o mar. Un lugar apropiado para labrar, arar e obter comida da terra. Deste lugar aliméntanse os da fala. Perfectamente factible.