Coruña como Cornualles, novo xiro

Submitted by admin on Sat, 06/23/2018 - 11:06

Xa o contamos pero repetimos de novo: a orixe máis probable de Coruña é o de Cornua, (ou Corunua) tendo Cor o significado de xiro, é dicir novo xiro que tes que facer se vas en barco pola costa e queres seguir a costa, tes que dar un extenso xiro. Claro que o topónimo estaría construído desde o punto de vista dos mariñeiros, dos navegantes, o que é difícil de concibir para unha mentalidade urbana e nada mariñeira.

Pero no neolítico e antes, os cazadores -recolectores galegos eran principalmente mariñeiros e navegantes. Fumos a Mali (os nosos xenetistas din, sen querer dicilo, falan de franco-cantábricos para disimular), a Canarias, a Inglaterra, a Irlanda, a Escocia, todo iso hai 12500 anos. Hoxe vén na prensa que as estalactitas de Cantabria contan que hai 13000 anos houbo o maior cambio de clima dos cen mil anos anteriores.

Todo isto nun contexto en que, nese mesmo momento, nace o Nilo, os lagos e glaciares de Norteamérica se diluen no mar do Norte e cambian, seguramente, a corrente hialina, permitindo a corrente do golfo actual e o establecemente dunha Europa de clima razoable, habitable. Quizais un posible cometa Clovis cae en Norteamérica e axuda a fundir os xeos dos glaciares no mar. A cultura Clovis  desaparece na Historia nese momento, pero unha capa negra de vexetación queimada ocupa toda Norteamérica. Debaixo hai cultura Clovis, por riba, nada. O Sáhara cambia de clima dun lugar selvático a deserto. Como consecuencia disto, os nosos emigrantres de alí teñen que regresar!.... Ademais ese cambio foi fantasticamente narrado por Platón, centrado na mesma época, co mito da Atlántida. Nese momento a única cultura con capacidade de viaxar desde Escocia a Exipto ou Grecia era a galega!, a celta galega!

Todo isto, en parte, está contado no meu libro "Os labirintos galegos",  pero o que cómpre subliñar neste momento é que somos unha cultura mariñeira e a visión mariñeira dos topónimos debe prevalecer sobre a visión interior. Coruña, as coruñas celtas casteláns falan de novos asentamentos celtas alí, de cornuas, de novos lugares. Eu penso que a nosa Coruña ten unha orixe mariñeira como Cornualles.