Este é o título dun dos centos de vídeos de youtube que falando do ADN de Galicia di que as poboacións de Galicia e Irlanda están emparentadas xeneticamente. O mesmo que Escocia ou Bretaña e, seguindo a Brian Sykes, a Gran Bretaña.
Cando desde o Trinity College de Dublin se anuncia en 2004 o parentesco Galicia-Irlanda anunciando eses resultados anuncian que "We are not Celts, we are Galicians" Esta frase botouma na cara un discípulo de Moralejo no Congreso "Celtas do Atlántico" de Narón. É curioso, dixen, porque para min era moito más importante ese parentesco que o ser celtas que tanto lle enfadaba a ese discípulo de Moralejo. Anos despois vin eses titulares en Internet. Eran certos.
Nese Congreso Moralejo deixoume abraiado e abrumado porque, nun exceso de xenerosidade, admitiu que podía contarnos 6 novas palabras celtas galegas. Esa é a orixe do subtítulo desta web "1.000.000 de palabras celtas galegas" que podería traducirse por "moitísimas máis das 6 palabras celtas galegas que descubriu Moralejo".
En todo isto figura tamén Carracedo que, deixounos abraiados no Congreso porque, en vez de subliñar ese parentesco, subliñou o parentesco cos norteafricanos. A historia é que o organizador do Congreso contoulle, como un feito coñecido, as miñas teses do meu pequeno libro "Os labirintos galegos" onde se fala de glaciacións, xenética, enfermidades celtas, migracións, parentescos xenéticos, e petróglifos, entre eles, os labirintos galegos.
Carracedo enfadouse moito e así o fixo constar no xornal "El Correo Galego" días antes do Congreso. Hai unha frase do vídeo que o explica cando di Carracedo ca xenética non fala de linguas e de culturas, senón de proximidades. É certo.
Ben, a cuestión é que está claro que o Governo Irlandés promoveu as análises xenéticas para coñecer de que parte de Europa viñeron os celtas a Irlanda e cando foron. Presumían que viñeran de Suíza, de Hallstat, polo 500 AC. Unha cultura rica e poderosa que ademaís foi a primeira Unión Europea. Unha Europa predominantemente celta, en Alemaña, Dinamarca, Gran Bretaña, a Galia de Francia. Ou España -nesa guerra que se ve ir en aumento, pero que xa ten orixe no franquismo -non se fala de celtas senón de celtíberos, na Historia Española e nas súas Facultades, por orde da Falanxe- chégase hoxe a que a maioría dos arqueólogos galegos prohiben falar de celtas "galaicos é o nome correcto" ou castrexos-. Cando fala de Castelao, un historiador, loubándoo nunha conferencia, fala do seu descarrío ao crer no celtismo galego.
Pero o que non deixa de ser abraiante é que ningún dos bos xenetistas galegos conten a outra cara da moeda- o que agora mesmo contan un cento de vídeos, en inglés, en castelán, sobre o ADN galego. A proximidade xenética da maioría dos galegos coa maioría dos "celtas do atlántico", celtas porque falan celta ou máis ben falaron celta e agora o están deixando. O único que contan, ano tras ano, é unha porcentaxe inesperada e relativamente elevada en España de xenética norteafricana en Galicia.
O único que conta outras cousas en Galicia son eu, pero non son ningún xenetista nin afamado así que pregúntanme, cando o conto, porque o afamado xenetista tal e cal non o conta? Podedes ler todos os xornais de Galicia desde o 2004 ata hoxe e non veredes nin unha soa mención dun xenetista galego a este asunto. Si hai mencións de médicos de Galicia, Asturias e aínda de Valencia informando que certas enfermidades galegas son "celtas". Tan celtas ca análise xenética antiga de 3 cadáveres de hai 4000 anos nunha illa de Gran Bretaña tiñan Hemocromatosis hereditaria: Unha mutación xenética que fai que o corpo absorba e acumule demasiado ferro dos alimentos, compartida coa poboación de Irlanda e Bretaña. Iso conta o vídeo do título. Google cita a celtia.org como a principal referencia nese campo! Preguntadelle sobre enfermidades celtas galegas...
Esta historia é, pois, a historia da manipulación política de simples verdades científicas que os ingleses e irlandeses asumen ao seu pesar (somos españois ou portugueses do norte, somos galicians) e as autoridades que saben que (o que pode facer que faga) teñen que facer o posible para que non se desate o independentismo estilo catalán, para que siga a "doma e castración" de Galicia.
Así que si lemos os xornais de Galicia desde 2004 vemos unha primeira noticia da Voz citando ao Trinity College e os seus análises xenéticos, outra segunda que conta que a vexetación e os animais de Irlanda están emparentados cos galegos (levámolos nós a un paisaxe posglacial desolado), en cambio hai noticias repetidas machaconamente todos os anos dos famosos norteafricanos galegos. No 2025 a Voz infórmanos desa noticia como se fose a última novidade.
Como contaba na anterior entrada, xa nun congreso da Xenética do noroeste peninsular no 2004 cunhas actas publicadas no Consello da Cultura Galega fálase da xenética norteafricana. Un dos artigos conta que consta que no mosteiro de Sobrado dos Monxes houbo, unha vez, un morisco. Tal anumerismo abraia.
Pero é na noticia de 2025 cando, pasados 20 anos e con máis coñecemento, poden anunciar que por certos métodos de cálculo poden deducir que non son moriscos refuxiados en Galicia no século XVI, senón do século VI, que non saben explicar.
E aí ilumínase a situación: Pensade nos romanos como os Trump da antiguidade. A que viñeron a España e concretamente á Gallaecia, a ofertarnos as súas relixions, as súas vías romanas e a súa lingua? Os seus acueductos?
Viñeron a expoliar, a rapiñar e a mellor rapiña é a do ouro. Onde estaba a maior mina de ouro de todo o imperio romano que explotaron durante máis de 250 anos? Cantos centenares de miles de escravos e traballadores libres pasaron, viviron e morreron nesa mina? E cantos escaparon ou mellor tiveron mulleres e familia galega? os liberaron por inútiles ou eivados para un traballo tan esixente? De que etnia eran? Non hai nos análises xenéticos pingas de dacios ou de galos, pobos que, unha vez vencidos, foron escravizados por millóns? Desde logo os norteafricanos dan xogo. Cartaxineses?
Hoxe, nas minas de León traballan caboverdianos (agora moi poucos nativos quere traballar na mina, imaxínate nas condicións dos primeiros séculos AD). Efectivamente, os cálculos non concordan co século VI, pero é que os erros deses cálculos deben ser moi elevados.
Insisto, de novo, xa sabemos de onde veñen os norteafricanos e por onde se espallaron (León, un 8% , Sur de Galicia, un 11%, din). Pero tamén sabemos que eran os campións da resilencia, os capaces de sobrevivir a un traballo que Plinio denomina 0 peor dos traballos.
E xa sabemos como se chama e onde está a mina. Entre León e Ourense....
Podes ler El 21,6% de la carga genética de un leonés es atribuible a
El ADN desvela que un gallego es más africano que un ...
Un estudio genético desvela que un leonés se asemeja ...
Más del 10% de los españoles tiene ancestros ...
- Log in to post comments