pito, pita, pitanza

Submitted by admin on Thu, 09/03/2026 - 01:23

Pito, pita e pitanza son palabras galegas e casteláns. A RAE dalle múltiples significados a pito, entre eles

12 m. coloq. pene.

Sin.:

  • pene, falo, miembro, verga1, polla. di  De la onomat. pit.E evidente que a onomatopeia refírese a pitar cun pito, non ao pene.

e de pita di 

pita2

Definición

  1. interj. U. repetida para llamar a las gallinas. U. m. en pl.

  2. f. gallina (‖ ave)

    Sin.:gallina.

Que ten que ver co celta? Pois están algo cruzados os significados, pito é o órgano sexual masculino. Ademais se viñera do celta nese contexto a palabra orixinal sería pit. Que é pit?

pit, f. (gs. ~e, pl. ~eanna). 1. Vulva. 2. Shell-less crab.  O órgano sexual feminino. Conecta, pero co xénero cambiado. (seguramente, nun tempo anterior, o significado de pit fose órgano sexual que en Irlanda concrétase feminino e en España, masculino).

Agora imos ver pita en PIE ou protocéltico, temos 

PIE: *peytu-/*pitu- 'food' (IEW: 793f.) COGN: Skt. pitu-, OCS pista 'meal', Lith. pietus 'meal' ETYM: Cf. also aIr. ithe 'eating' < *fit-ya. 

A comida en PIE é pitu de onde pita e en proto céltico sería fitu. Que a pita é unha comida está claro... E que cando chamamos ás pitas é para darlle comida, tamén, comida, comida, pita, pita...

E para remachar a idea, de que iso é así, podemos recorrer á pitanza

pitanza (RAE)

Definición

Del fr. pitance.

  1. f. Distribución que se hace diariamente de algo, ya sea comestible o pecuniario.

  2. f. Ración de comida que se distribuye a quienes viven en comunidad o a los pobres.

  3. f. coloq. Alimento cotidiano.

Pode vir do francés pitance, pero dunha lingua latina e indoeuropea, que usa a raíz pita para indicar alimento, comida como indicaba o PIE. Ou pode ser unha converxencia común do español. e galego co francés, xa que pita é tan imdoeuropea en Francia coma en España e Galicia:

pitanza substantivo feminino1 Distribución diaria dunha cousa, en particular, a ración de comida que se lles dá diariamente aos que viven en comunidade ou aos necesitados. Acudían ao amencer pola pitanza. A pitanza do asilo era escasa.2 familiar Comida diaria. O que ganaba apenas lle chegaba para a pitanza.

Por último deixamos a análise de Pita e Pito na toponimia galega porque dada a diversidade semántica desas palabras e a abundancia delas na toponimia galega (500 exemplos) podería dar para explicalas nun libro (despois de visitar os 500 lugares). 

Como curiosidade, pit tamén é picto (que tamén se considera celta) con outro significado.