Bemantes

Submitted by admin on Thu, 06/28/2018 - 11:25

Bemantes é unha parroquia de Miño. E está próxima en significado, propaganda e construción a Begonte: O home está quente di a súa tradución. Hai boa temperatura, é habitable polo home serían traducións alternativas.  Efectivamente, Bemantes é unha planicie algo inclinada cara o solpor de modo que todo o día está recibindo a calor do Sol. E desde a que se ve a ría de Miño, Betanzos e Ares dun modo especial. Tes que visitar Bemantes e ademais estarás quente!!! O muiño de vento (un invento persa), non moi abundante en Galicia -na que si abundan muíños de río, naturalmente- dálle tamén unha distinción especial.