Padrón, unha sorpresa

Submitted by admin on Wed, 07/04/2018 - 11:43

Para chegar a completar case todos os 313 concellos galegos aínda nos queda tempo, por iso de vez en cando é bó analizar algún deles para ir avanzando.

Se fixéramos unha enquisa preguntando se Padrón é celta por abrumadora maioría diriannos que non.  Padrón, empadronarse, incluso patrón, apuntan a un significado de censo ou censarse. En galego e en castelán. Todo perfectamente latino.

Así que a sorpresa é que poida, siquera, ser celta, e que, aínda máis, estea anunciando algo para vender. Xa sabemos que ron é selo, e que os selos (non quentes) requiren tinta e un sistema de almacenamento da tinta que lle permita ao selo recoller esa tinta e tintar o pergamiño ou papiro.

Un pon "almofada de selo de tinta" en Google e atopa case un millón de entradas en Internet. A maioría das cales están vendendo almofadas de tinta en Portugal ou Brasil. Pois temos en Padrón un anuncio deses, pero da idade de ferro. Venden Pad- almofada de -rón  selos.

Os finos galegos castelanizados que pronuncian con delictuosidade "touchpad", ou "ipad", non teñen nin idea de que, en parte, están falando galego. E inglés, claro está.

Para saber como era, como se facía o tintado podedes ver Tinta sobre piel

O significado celta ten autocoherencia, as dúas palabras acaen entre si e seguen estando próximas nas frases 2000 anos despois como vemos en Google. Un importante factor de certeza da tradución.

Esta entrada está corrixida na entrada  Padrón, padrón, patrón a razón: pad é inglés e non celta.