Doce oración

Submitted by admin on Thu, 07/26/2018 - 19:38

Que é Goimil? Pois iso. A min este nome lémbrame unha discusión un día do grupo de ciencia en galego no que estábamos un representante do ILGA, outro da SXPL, outro da CIGA e o único profesor era eu. Todos defendían, creo lembrar, que de ter que reducir o galego era mellor nas matemáticas, porque teñen pouco vocabulario (comparado coa Bioloxía, por exemplo, o cal é certo). Pero a argumentación é incerta. Ter moito vocabulario soltado coma un dicionario fai proclive odiar á Bioloxía e o galego. Hai profesores que defenden que a memoria é o máis importante.  Cada vez, menos, pensamos outros. A miña argumentación foi que coas matemáticas apréndese a pensar. Se se dan en galego, apréndese a pensar en galego.

Non convencín a ninguén, a ver se agora despois de ver o que dicían as nosas xeracións de hai varios miles de anos algo cambia: a doce oración. Pensar é un dos actos máis íntimos, con máis raíces na nosa intimidade, é a expresión da nosa conciencia, do noso eu profundo. Pensa e razoa en galego, é o noso lema. Ademais, como acabas de ver, pensar en galego é doce. Se ademais oras, xa debe ser o non vai máis...