El niño de la guía

Submitted by admin on Mon, 02/12/2018 - 17:39

Hai un exemplo moi famoso de trasposición (máis que traducción) na época de Franco da localidade de Niño da Aguia (un fermoso e clarísimo descritor do lugar, "el nido del Águila") ao castelán como "El Niño de la Guía". Nun vemos un fermosos monte cunha aguia no cume e noutro vemos un neno "que guía".

Na traducción de lugares celtas galegos ao latín-galego seguro que se produciron erros do mesmo calibre en moitas épocas distintas. Un, famoso, tamén, convertiu a Reboira Sacra (monte de carballos sagrada dos celtas) en Ribeira Sacra, cun éxito total (para maior éxito no románico encheuse de igrexas e mosteiros). Ninguén se lembra do monxe que non entendía Reboira e traduciu o escrito en Ribeira, pero foi así.

Como non hai escritos  é dificil aseveralo con total seguridade, pero eu aseguraría que Boimorto é un "Niño de la guía". Un boimorto fala dunha epidemia que ademais so lle afecta aos bois. A politica de marketing do lugar, comparada con outras que xa vimos en Galicia é nefasta: vén a un lugar putrefacto onde morren os bois.

Por estas épocas en Bagdad xa escollian un lugar para un hospital como un lugar no que os xamóns depositados alí tardaban moito máis tempo en pudrirse que nos demais sitios de proba da cidade. Vamos que que morra un boi é un sinal malo, e que non invita a visitar.

En realidade, o nome celta seguramente fose "Vaca grande", nome co que, con fachenda, presúmese de mellores vacas da zona. Ademais hai a mesma proximidade fonética que no caso do "niño da aguia".

Pero a razón é que boi morto enténdese en latín-galego e "Vaca grande" en celta vai perdendo sentido, así que introducimos un i e un to e arranxado.