A palabra máis buscada no dicionario da RAG, no 2017, é unha palabra celta

Conacha, o mesmo que conacho e conachada en ferrolano, son palabras celtas. Conach en celta galego antigo é riqueza. Así que conacha alude a riqueza de sensacións que se produce nela e a riqueza de descendencia. Quizais influído o seu uso porque contén a palabra latina, cona.

En canto a conacho en ferrolano alude a unha persoa presumida, petulante, alguén que se considera superior aos demais, que non se considera do común. Dito noutras palabras, un novo rico. 

E conachada, naturalmente, é unha acción aberrante que fai o presumido novo rico, o conacho, ou alguén que o quere imitar.

svg
Star