Unha noticia da Voz de Galicia: somos diferentes

Submitted by admin on Tue, 08/14/2018 - 15:27

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/08/08/gallegos-perfil-propioo-adn-dos-galegos/0003_201808G8P4995.htm

Ata Carracedo parece que o testifica: somos diferentes, unha raza propia, quizais a única raza propia de España e das poucas de Europa. Coas mesmas enfermidades xenéticas cos irlandeses, escoceses, ingleses ou bretóns e Carracedo nos conta desde 2004, en cada libro no que escribe, en cada conferencia que dá, en cada palabra que conta, non nada sobre todo o anterior, que somos xeneticamente celtas e, ademais, a orixe dos  celtas, senón algo que parece contradicir o anterior: temos unha porcentaxe alto de xenética africana (Meu Deus, todos os europeos ( e todos os humanos) somos africanos!, os seus textos só escandalizan aos incultos! Chegamos desde África exactamente hai 25000 anos!, somos os africanos que máis tardaron en vir a Europa. ).

En fin, non sabe explicar a orixe desa posible xenética africana e invéntase que na Idade media aos bereberes gustáballe Galicia e viñan acó por que eran ben recibidos? Ou porque aquí os reis católicos non os buscarían... No libro de 2004 fálase dun tumbo de Sobrado que sinala a un morisco en Sobrado dos Monxes... xenial... cun mancón de ouro.. capaz de deixar embarazadas a mitade das mulleres galegas. E aínda sabemos o seu nome!... Mentres, non ten analizado, por exemplo, que porcentaxe de galegos ten a xenética sueva. Segundo el 30000 suevos que chegaron no ano 400 case non deixaron descendencia xenética (polo menos non o conta) e un mancón de ouro de Sobrado en 1200 deixa unha moi ampla descendencia xenética. (Mancón, buscade marmancón nesta web).

Parvadas ridículas. En calquera caso, segundo el, somos os únicos que temos esa xenética lixeiramente distinta, somos distintos, xa que logo.

En cambio moi ben as explicacións de Mandianes (Plural inventado de Mandián, xa explicado na web) e as do propio artigo: Se somos moi africanos e os máis louros, rubios e de ollos azuis e verdes case de Europa, como seriamos sen os africanos de Carracedo- sen ningún moreno!. Verdadeiramente unha raza propia, como dician os nosos antergos cando falaban do asentamento da raza. Aquí, en Perbes, temos un deses asentamentos (pero debe haber 100 en toda Galicia).