Guitiriz

Submitted by admin on Wed, 09/05/2018 - 19:44

Despois do contado previamente, con moita dor de corazón, vou escribir que Guitiriz non ten nada que ver co Suevo, cos alemáns, e ten moito máis que ver con Goiriz, por exemplo. Guitiriz é celta. Que como quedaría raro -nunha lingua latina- escribir Guitiri engádeselle unha z final, precisamente inexistente en celta.

Supoño que xa sabedes buscar as palabras Gui-oración Ti-casa ri- rei ou caudillo local. Oración na casa do rei. Parece ser que o caudillo prestase a casa para a oración era unha cousa digna de mencionar e ademais era moi informativa xa que se lles explicaba a onde deberían dirixirse os devotos en Guitiriz: á casa do rei.

O Concello de Guitiriz está inzado de topónimos celtas: o de Escadebas é un topónimo formidable que vexo en todas as viaxes a Coruña xa que á autopista A6 pasa por riba dese río (aínda que tamén existe un lugar próximo con ese nome) e xa falei del de forma encriptada. Hai outro que segundo a toponimia tradicional dí que alí asentáronse uns vascos.

Como xa contei tamén, hai moitos outros lugares en Galicia que se chaman Guitiriz...