O apelido Buide

Submitted by admin on Tue, 02/20/2018 - 18:52

Hai moitos apelidos galegos que son palabras celtas puras e duras- ademais de galegas, claro. Todos coñecemos algunha familia Buide. Imos ao dicionario de irlandés antigo e alí esta perfectamente documentado.  Buide é a palabra do irlandés antigo e do celta antigo  para amarelo. O amarelo moderno irlandés, do que tamén temos moitísimos exemplos nas leiras de Galicia é buí.  Tal vez indicando aquelas leiras que tiñan cultivos de trigo, cebada, etc que no verán volvénse amarelos.

Neste exemplo vemos a pervivencia no tempo en Irlanda das dúas palabras galegas e o feito de que, seguramente, influímos no irlandés moderno e non só no antigo. Porque falar de buí como palabra galega é a primeira vez que se fai en Galicia en 2000 anos, neste pequeno recuncho.