E cantos "medio" temos?

Submitted by admin on Wed, 12/19/2018 - 18:58

Na relación de toponimia da Xunta hai 1386 medios. Pero algúns distintos  aos meáns. Por exemplo só hai rexistrada unha Vila do Medio, en Burela, en toda Galicia. E 3 Vilar do medio. Con meáns tiñamos moitísimos máis, o cal proba, que, concretamente, as Vilas son maioritariamente as bally celtas. Exprésanse con adxetivos celtas, preferentemente.

A proporción de conservación do celta no caso de Medio/Meán, 400/1700 debe andar preto do 25% dos topónimos relativos a medio.

Pero vemos unha constante cultural, xa sexa en latin-galego ou en celta-galego, a toponimia está moi interesada en saber quen está no medio do que sexa e de facer un mapa mental, de procurar orientar ao camiñante ou forasteiro. A proverbial extensa explicación do campesiño galego a unha pregunta de lugar está facilitada polo uso de "medios" ou "meáns" : se sabes onde está A, e B, xa sabes onde está aproximadamente o medio, meán. E se están referindo a tres ou máis puntos, A, B, e C, resulta que estás calculando aproximadamente o baricentro do triángulo ou polígono citado.

Un exercicio para os escolares galegos pode ser calcular ou exrapolar onde están os puntos orixinais que diron lugar a que outros puntos fosen chamados "medios".