Dombate

Submitted by admin on Fri, 03/08/2019 - 12:26

Dombate é un lugar mítico para os galegos. No século XIX o historiador Manuel Murguía xa escribe sobre o dolmen, e no ano 1885 o poeta Eduardo Pondal inmortalizouno nun poema en Queixumes dos pinos:

Dombate é a adaptación á ortografía latino-castelán (o son n e m antes do b convértese en m escrito) de tres palabras celtas galegas donn (marrón) ba (era, foi) te (quente). Ademais, naturalmente, o donn é metafórico, referido ao máis marrón que coñecemos, a terra, o mesmo que o te, así que teriamos que traducilo así:

Na terra estase quente, ou metaforizando aínda máis, e adaptándoo a nosa cultura actual, na terra descansan (para eles, estar quentes, como vemos na toponimia, era o mellor descanso e felicidade).

A súa creación, que se produciu entre o 3800 e o 3600 a.C  fala dunha linguaxe cero de Chomsky, con frases que expresan as ideas fundamentais sen os aditamentos lingüísticos nos que foi evoluíndo a linguaxe. As palabras son moi curtas (pero seguen a permanecer así no gaélico, só que a tendencia é a complicalas, a facelas máis extensas, a ampliar necesariamente as palabras que se necesitaban poñendo palabras derivadas, sufixos e prefixos. O exemplo sería ti, casa en celta galego que se conserva en irlandés, pero tamén teach:

5 :teach.

que é a preferida. No caso do celta vese perfectamente a evolución de palabras curtas, que non se prestan a confusión, que permiten falar incluso a voces, a palabras máis complexas, mellor adaptadas a un mundo máis evolucionado, máis complexo, con moitos matices, e coa función de falar en conversacións próximas nas que os malentedidos, apoiados pola linguaxe non verbal, non se producen tan facilmente. Xa non cómpre dividir o discurso en palabras-sílabas como facían os antigos, coñecese mellor a lingua porque a usamos máis, porque  relacionámonos moito máis entre comunidades veciñas, somos máis, e melloramos esa nova lingua evolucionada, sabemos as divisións das súas palabras e novos e complexos significados e encadeamentos lingüísticos.

Estou falando da posible evolución da linguaxe dunha orixe mono silábica (quizais como a china) a multisilábica e complexa. Un análise detallado da historia do celta seguramente  chegue a esa conclusión e para iso a toponimia galega e a súa lingua cero poden ter un papel fundamental.