Para referirse a tradición celta galega frecuentemente úsanse dous tópicos:
-O letreiro de "Céltigos" en Ortigueira e a
-Estela "Céltica Supertamárica" depositada no Museo Provincial de Lugo.
Para min, sen embargo, este cartel perdido no medio do Camiño de Santiago, na zona Miño-Betanzos representa a maior expresión de celticidade:
O cartel, perdido no monte, que marca o nome da zona como "GAS". Quizais haxa alí unha explotación de gas de Unión-Fenosa? Pois a verdade que sería a primeira noticia. Quizais unha zona volcánica con gas? Pois non é coñecida. Traduce "Gas" do celta ao galego e terás a razón dese letreiro.
- Log in to post comments