Bañobre

Submitted by admin on Sun, 06/21/2020 - 20:18

E agora chegamos ao meu obxectivo final na serie Baio, nestas  tres entradas de tipo Baio: Baio, Baiobre, Bañobre. En primeiro lugar vai ser difícil negar que  as tres palabras están compostas de Baio. No caso de Bañobre, de forma natural e suave, o cambio de Baiobre a Bañobre, vese claramente e fíxose nalgún momento histórico sen dificultade. É unha evolución natural,  digamos.

Asi que se foi así, temos un obstáculo, temos un río, temos un río que se curva, por un obstáculo, e temos unha zona outa. Non exactamente coma os dous casos anteriores, pero si de forma canónica. É o mellor exemplo de obstáculo natural para un río, que produce un cambio xigantesco na xeografía, dá lugar ao nacemento das marismas de Miño.

Temos dous riós, o río Baixoi e o Río Grande de Miño que fan un "bainis". Pero, xusto entón, non teñen saída ao mar. A saída natural e case ao comezo da praia Grande de Miño. Esa praia é o baic, o baio, o obstáculo, realmente. Pero, neste caso a culpa o leva o monte outo de Bañobre=Baio Bre. Realmente a culpa tena na desmbocadura final na que o río Baixoi fai unha curva brutal para entrar no mar. Digamos que hai un dobre obstáculo para o río, un dobre baio pola multimilenaria praia Grande de area que impide a saída máis curta, máis direta, de paso crea as marismas de Miño que se inundan pola mar día tras día. E o segundo Baio, Baic, obstáculo é o monte de Bañobre que fai dobrar o río na súa derradeira curva.

Realmente quixen traducir Bañobre hai moito tempo e nin idea de que ía a palabra durante moito tempo. So hai pouco engarcei as tres palabras, Baio, Baiobre e Bañobre e a solución fíxose evidente.

Unha alegría persoal porque unha das miñas avoas naceu en Bañobre, dos Anido. Gustaríame contarlle que significa, pero hai moitos anos que deixou de estar con nós. De feito son case o benxamín dos seus netos.

Ademais, esa desembocadura do baio explican o nome de Miño, pola mesma razón que no río Miño.

Hai máis, que non vou explicar, pero se tedes dúbidas, preguntade.

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
As Fragas de Bañobre MONFERO O Alto de Xestoso (Santa María)
Ponte de Bañobre SAN SADURNIÑO Ferreira (San Paio)
Bañobre MIÑO Castro (Santa María)
Río de Bañobre MIÑO Perbes (San Pedro)
Bañobre GUITIRIZ Labrada (Santa María)