Caga, outro falso irmán

Submitted by admin on Fri, 04/20/2018 - 10:55

Unha cantidade desproporcionada de topónimos galegos son así, caga, como se fose unha orde imperativa ou unha descrición de que "el caga". En principio soa extraño, non é claro en que situación a característica dos galegos de describir un lugar por unha propiedade estea ben recollida neste caso. Soa absurdo.

Agora ben, "caga" en celta son as "pegas". Así que eses lugares están descritos como lugares onde abundan as pegas. A diferencia de Cans, que un pode dubidar se é unha palabra celta ou non, en caga penso que non hai dúbida.

Tamén dá lugar a unha explicación de porque milleiros de palabras celtas sobreviviron na toponimia e outras non: se a palabra parece latina, do galego-latín vai ter moita máis probabilidade de sobrevivir na toponimia que se non se achega a ningunha palabra latina. Acabamos de ver caga, pero hai moitas máis: O apelido e topónimo Fontán non ten nada que ver con fonte. Sen embargo todos o traducimos así, como unha forma rara de dicir fonte, tal vez falando dunha fonte grande. Posiblemente se a palabra fose tobair (fonte en irlandés) non houbese sobrevivido como topónimo. Foinsi (fontes en irlandés tería unha pouca maior probabilidade de sobrevivir na toponimia).

De paso, acabamos de ver que o singular e plural celta non teñen porque ser nin parecidos (tobair e foinsi no caso de fonte) e ( jackdaw e caga no caso da pega).

En resumo, como en dona, conacha, fontán e outras moitas palabras, se soa a latín facilítase a pervivencia do topónimo.