Treilán

Submitted by admin on Sat, 01/02/2021 - 19:55

Treilán, Gondrame, O Páramo é un lugar da parroquia de Gondrame (bo nome celta de parroquia, outro día o veremos).

tré1, m. (gs. ~, pl. ~anna). Triad.

tré2 = trí2.

tré-3, pref. Through-

tréanna » Tré1, polo tanto, tríada. Os deuses do  panteón celta soían ir en tríadas (como vimos coa morriña).

A miña opinión vai pola función relixiosa da palabra, do lugar onde se celebraban funcións relixiosas a algunha das tríadas posibles celtas. Así que significa Tríada completa, Tríada en multitude, tríada en moitos ou con moitos seguidores. Buscade alí e veredes agochado un templo a esa trindade.

Xa, de broma, tamén pode ser "moito trío" ou "moito en trío".

Aínda que (e a Galipedia non o sabe) hai outro Treilán en Sarria, na parroquia de San Martiño de Requeixo, xustamente. Nese lugar pode verse o Pazo de Treilán que describen en patrimoniogalego.net  Pazo de Treilán, Pombal do Pazo de Treilán.

Aí soterrado tamén debe haber outro templo.