Morlán

Submitted by admin on Wed, 05/05/2021 - 13:44

Onte fun de visita a varios lugares do Val do Dubra e Trazo e vin a zona de Morlán e a Igrexa de Santa María de Morlán.

A igrexa pouco indicaba do nome. A zona era unha zona ampla de cultivos e bosques.

Supoño que xa sabedes traducir Morlán, Mor-grande e lán moito. Como en moitos nomes de lugar celtas galegos predomina a fachenda, a ostentación, a propaganda ou ainda a esaxeración do nome. Queren convencerte de que te asentes alí, de que merques algo,  de que alí é o non vai máis. Pero a verdade sexa dita, non sei a que se refiren exactamente:

-Os cultivos son moi grandes, a produción agrícola é moi grande. Ou ben

-Os animais da zona son moi grandes

-A xente da zona é moi grande

-O seu deus é o non vai máis.

-O número de habitantes no seu momento foi moi grande....

Por certo que alí hai a primeira farmacia online de España, di o Correo Gallego. Morlán, la primera farmacia online de España

Os de Morlán sonche moi grandes...