Un mundo con dúas raíces

Submitted by admin on Thu, 05/27/2021 - 14:59

Nesta taberna de Ribadulla (Vedra) tanto che selan a compostela como che atenden cun café ou cunha bebida. Pero o letreiro identifica un país que non é só latino, pero tampouco é só celta. Algo ten das dúas raíces como estamos a demostrar en Celtia.org. O letreiro da taberna o amosa orgulloso:

A taberna da arma mortal, a taberna de Gundián. Cinguidos polas múltiples pontes que unen as dúas beiras do Río das Mazás (Ulla)

Transportámonos por un momento a esa mesma taberna hai 2000 anos, ou ao menos 1400 anos atrás, nos que ainda se falaban as dúas raíces e a xente entendía as dúas linguas e que vemos -posiblemente esa taberna seguía existindo, está nun lado da ponte de pedra que xa existía en 1197 e que foi destruída en 1571, pola mesma enchente que danou o convento de San Xoán da Cova. Ou sexa, é posible que esa ponte sega a ser a ponte que permitiu o cruce do río Ulla por 2000 anos (820 esta comprobado), polo que é probable que a taberna existise hai 1200 anos, tamén.

Postos en situación, na zona de Gundián, seguramente fabricábase esa arma. Chega un celta que acaba de mercar alí preto esa arma e a deposita sobre a mesa desa taberna. Que vemos? Pois como nun mal soño a arma se difumina. Un arco e unhas frechas, unha espada, unha lanza, unha malla.... Non podo facer ningunha hipótese certa porque o significado en gaélico non é exactamente o do celta galego. Eu penso que Gundián era unha arma concreta pero non sei cal. O significado gaélico é -volvo a poñelo,

dian2, a. (gsm. déin, gsf. & comp. déine, npl. ~a).Intense, vehement; hard, severe.

Intenso, vehemente; duro, severo

Incluso podemos pensar nunha vestimenta guerreira completa, pero, sen máis probas, pouco podemos dicir.

En resumo, unha das raíces que se remonta ao orixe do indoeuropeo, está sen desvelar e iso é o que estou intentando facer aquí, en celtia.