Narón, do selo

Submitted by admin on Fri, 05/25/2018 - 13:35

Unha das vilas que máis medraron nos últimos tempos en Galicia (agora está entre as dez primeiras), Narón, lese do selo en celta. É dicir na idade do ferro era unha vila administrativa galega que tiña selo e na que se gardaban documentos selados e rexistro deles, posiblemente. Tiñan unha administración e non todas as vilas ou bally pequenas a mantiñan. Desde logo, as vilas do "rón", do selo, si.

Entre elas Narón, preto de Ferrol e Narón preto de Taboada. O feito de que os nomes celtas se repitan ao longo e ancho de Galicia indica que teñen un significado, unha función, que non son arbitrarios e,  posiblemente, entre eses significados está o administrativo.

Eu xa estaría buscando nos mosteiros de Narón eses selos . Posiblemente os de ouro despareceron pero pode haber outros de ferro ou outros metais.

En que se selaba? Apunto estas ideas no artigo "Matemáticas con identidade: o estudo dos símbolos máis galegos" na revista GAMMA xa hai anos.

"O traballo en ouro de Santa Tegra amosa un impresionante detalle e precisión. Por certo, a orientación oposta das alas deste triskel, respecto aos outros triskeis galegos e de Santa Tegra, e o pequeno tamaño da obra suxíreme o uso deste artefacto, non como cabeza de torque, senón como selo en taboíñas de barro, en papiros ou en pergameos."