Ardemil, Cerceda, Carral, Mesón do Vento, Altamira

Submitted by admin on Tue, 08/02/2022 - 07:02

Onte fun a Santiago pola A9, a autopista, pero a volta vin pola estrada N-550, que pasa por Ardemil, polo Mesón do Vento, por Carral e Altamira. Estaba atento aos detalles que explicaba na entrada de Cerceda, aquí en Celtia.org

Pero, en primeiro lugar explicar que Ardemil, Cerceda e Carral son de orixe celta e Mesón do Vento e Altamira son de orixe latina, naturalmente. Pero todas estas palabras están moi relacionadas entre si nesta explicación, ademais de estar na mesma estrada. O tema vai de alturas e pendentes.

Vexamos a tradución explicada de cada un deses topónimos.

Ardemil. Xa que Ard en celta significa alto e mil, mel,

ard1, m. (gs. aird, npl. ~a, gpl. ~).1. Height, hillock. 2. Top, high part Altura, monte. 2. Parte superior, alta.

ard2, a1. 1. High, tall. Alto

mil1, f. (gs. meala). Honey. Mel

Querida altura, doce altura, a verdade é que a visión da paisaxe en Ardemil é especial, transmitindo unha idea de altitude, de plenitude, de beleza que so verás se te fixas nela. Outras veces que pasei por alí fixen

Igrexa Parroquial de San Pedro de Ardemil

pero non tirei fotos da paisaxe a distancia, porque so se ve en certos puntos. Pero si, existe unha paisaxe especial que merece un nome coma Ardemil.

.Pouco tempo despois de pasar Ardemil cara a Coruña na estrada vemos sinais de perigo de tráfico alarmantes de baixadas con pendentes do 8% no Mesón do Vento, ao saír de Carral e ao saír de Altamira, indo para Cambre. Baixadas nesta dirección e subidas na oposta, claro.

Non é posible subir con carros estas costas e pendentes extremas. Así que os topónimos latinos Mesón do Vento avisa de que estás nunha zona moi alta e ventosa, e Altamira de boas vistas porque estás moi alto e baixarás e subirás bastante.

Carral, celta ou latino, sen embargo, avisa dunha zona poboada con abundantes carros que se deben usar moi localmente, na zona. Porque nas dúas direccións  non podes usar carros polas pendentes. En toda esa estrada os carros non eran útiles, sen embargo, en Carral habíaos, o cal chamaba atención o suficiente para darlle o nome a esa vila. Hoxe concello.

En cambio, se pasas por Cerceda verás que non hai sinais de tráfico de pendentes extremas. Que podes pasar cos carros. Iso di Cerceda.

As Ardenas, en Francia, pode ser que teña a mesma etimoloxía. A wikipedia española cóntao:

Punto más alto: La Croix-Scaille (501m).

Punto más bajo: salida del río Aisne en Brienne-sur-Aisne (57m).