Platón, o lineal B, a continuidade paleolítica e o grego

Submitted by admin on Wed, 11/23/2022 - 16:10

Platón morre en 347 a.C. e Arthur Evans descobre o palacio de Knossos en Creta en 1890 e centos de taboiñas de barro escritas nunha lingua que chama lineal B e dedica toda a súa vida a traducilas. Non o consegue.

O lineal B aparece basicamente en pequenas táboas de arxila que datan dos séculos XIV e XIII a.C. A primeira foi descuberta en Knossos polo arqueólogo inglés Arthur Evans o 31 de marzo de 1890; o 6 de abril atopou un tesouro grande de taboíñas.

Michael Ventris descifrou o lineal B en 1951-1953, coa colaboración de John Chadwick. O lineal B ten aproximadamente 200 signos, divididos en signos silábicos con valores fonéticos e logogramas (ou ideogramas) con valores semánticos.

A idea que lle impide achegarse a tradución desa escritura, implicitamente, foi esta: é imposible que  en 1000 anos antes de Platón a lingua que se falara en Creta fose a grega. En 1000 anos as linguas evolucionan moitísimo. Pero o resultado de Michael Ventris é este:

O lineal B é o sistema de escritura utilizado para o micénico, unha forma antiga da lingua grega.

Como expliquei na entrada anterior neses tempos e canto para atrás vaiamos, ainda máis, as linguas, se queren conservar a súa comunicabilidade, non poden-non deben evolucionar. Así Chadwick, un profesor de grego, pode entendelo e traducir as taboíñas de Lineal B.

Pero seguimos con Platón; a historia da cidade e a illa perdida da Atlántida chegounos como unha «historia verdadeira» a través das súas obras Timeo e Critias, onde o personaxe de Critias usa a expresión grega «alēthinós logos», que naqueles tempos usábase para denominar a unha «historia que era verdadeira», e como tal é traducida en todas as versións latinas dos devanditos diálogos, ou sexa, veram historiam, en contraposición ao mito (do grego μῦθος, mythos, ‘conto) ou conto fabulado. Non obstante a figura de Sócrates mostra un escepticismo cara ao relato. Pensadores platónicos posteriores tomarán a historia como unha interpretación metafórica.

O importante da historia é que fala dunha historia de hai 10000 anos en que os Atlantes atacan aos gregos, que xa existen, segundo a súa historia, nese momento e deben falar unha lingua igual ou parecida para chegar ata o seu presente.

A continuidade paleolítica non é solo exemplificada en Galicia -somos esencialmente os mesmos habitantes que hai 20000 anos. Para Platón, aos gregos pásalle o mesmo. E falan a mesma lingua. Ainda que claro, para algúns, os galegos só saben falar -ben- se falan un idioma estranxeiro.