A Galipedia di
O topónimo Xanceda pode referirse a:
- Xanceda, parroquia do concello de Mesía;
- Xanceda Vella, lugar de dita parroquia;
- Xanceda, lugar da parroquia de Ourol, concello de Ourol.
Outros artigos
Xan- Casa Grande de Xanceda, empresa láctea e gandeira de Xanceda, Mesía.
E aquí temos que referirnos a explicación feita hai pouco de Sancedo: ced ou cead é a palabra celta de paso, convertida en cedo ou ceda (segundo os gustos do autor da conversión, xa que non sabe se é masculino ou feminino), pero no caso de Xanceda quere evitar a confusión cunha suposta Santa Ceda e pronunciaa Xan. En realidade Xanceda cumpre os patróns de Sancedo, o paso mellor entre os camiños da zona, marcada no nome.
A confusión de San con Santo chega ata hoxe en día: a wikipedia galega infórmanos de que Santiso vén de abreviar Santo Tirso e non de San-en ti-casa, so- esta ou especial.
Ben, a Casa grande de Xanceda ten uns yogures e kéfires moi ricos que recomendo e unhas instalacións visitábeis moi interesantes e si, está no bo camiño. En canto ao castro de Xanceda e ao tesouro de Xanceda que dicir dos seus torques, despois de volver a velos, teño que crear un estilo Xanceda, estilo ao tesouro de Xanceda para varias das miñas figuras e esculturas 3d. Sargadelos non o fixo e é unha mágoa.
- Log in to post comments