Arbo

Submitted by admin on Mon, 08/06/2018 - 22:29

Arbo sería a cruz da moeda con Boiro. Unha vaca non parece suficiente argumento propagandístico para ir vivir alí.  Agás que queiras que veñan non os do interior, como en Boiro, senón os da costa. Vivimos con só unha vaca, vivimos sen vacas, xa que logo. Factores como a intolerancia a lactosa que moitos seres humanos manteñen (os chinos, por exemplo) tamén poden influír na mensaxe. Os que non podedes beber o leite despois dos dous anos vide acó. É unha idea.