Deseñando marcas: o caso de Escairón

Submitted by admin on Sat, 01/26/2019 - 11:24

Hoxe todos temos clara a importancia das marcas no consumo, da importancia das etiquetas de denominación de orixe, coma unha etiqueta de calidade. O caso dos pementos de Padrón podería ser un exemplo, o caso do viño Mencía, e moitos máis. Hai incluso marcas que abranguen todo o produto como a aspirina ou o fixo, tal é o seu poder de símbolo.

Para saber que facer ou como facelo podemos ler milleiros de libros como estes que o explican:

¡Quiero esta marca!: Cómo construir marcas deseables

Diseño de marcas. Quinta edición

How Brands Grow: What Marketers Don't Know

Designing Brand Identity: An Essential Guide for the Whole Branding Team

Incluso esta que é unha novela La marca de la luna ben acaída nesta entrada.

Pero imos ver que os galegos de hai miles de anos tamén sabían facelo. Estamos na Idade de Ferro ou no principio da época latina. Queremos crear unha denominación de orixe dos productos da zona de Escairón. Como xa contamos moitas outras veces a principal valla publicitaria, o primeiro medio para publicitarse é o propio nome. Non temos periódicos, radio, nin TV nin Internet, coas súas redes sociais. Pero podemos crear unha marca que seña o nome do lugar, que ademais sexa sonora, unha palabra bela e que defina o que se quere dar a coñecer: a marca de Escairón.

Todos estes preludios para explicar que Escairón publicita a súa marca, en abstracto. Todos os que falen de Escairón están falando da súa marca, do seu símbolo, hoxe poñeriamos unha etiqueta de produto da Ribeira Sacra ou Viño da Ribeira Sacra. Nese momento falan dos produtos que teñen unha marca da Lúa, un selo da Lúa. Estanche explicando que cando vexas un produto co selo da Lúa, estás vendo un produto da zona de Escairón.

O selo era só para as reses de carne ou chegaba a máis produtos? Pois non é doado sabelo sen ver como era o selo e como se podía aplicar. Insisto, buscade un selo coa Lúa en todos os mosteiros e igrexas de Escairón e da Ribeira Sacra, un selo metálico ou analizade con raios X todas as cantatas de Samos, todos os pergamiños dos Mosteiros e lugares galegos e atoparedes, sen dúbida, a marca de Escairón, a marca da Lúa.

Pero sen esquecer que a marca pode estar en olas, para conter viño ou aceite, en xoias, e, tamén, entre os lugares a buscar están os castros da zona.