Faro de Punta Nariga: Nariz ou do Rei

Submitted by admin on Tue, 03/20/2018 - 15:25
Faro de Punta Nariga
Faro de Punta Nariga do arquitecto César Portela en 1995

Hai moitas veces que o sentido común aplicado a un nome dun lugar galego pode decantarse pola versión latina ou celta con razóns equivalentes.  O resultado pode ser un empate de posibilidades, unha indeterminación da palabra.

Nariga, explica un letreiro ao lado do Faro de Nariga, vén de Narica, nariz en latín, e ademais acae co lugar que é un saínte no mar que pode identificarse cun nariz.

A min o razonamento paréceme plausible, se non fose porque a evolución debería ser a nariz, como no galego ou castelán corrente.

Pero tamén me parece plausible que dado que un lugar sinalado no mapa que se introduce no mar de modo destacado, viñese o "rei" do lugar e o tomase para si: Isto é do rei, di en celta.

Cal é a solución? Coma centenares de casos máis precisaríanse de datos adicionais. Só confirmar que Nariga sería unha palabra celta galega válida. Perfectamente asimilable con Aranga ou Támoga.