Vila Grande

Submitted by admin on Sun, 04/01/2018 - 12:37

Este é un apelido celta. Cal é? Despois de todo o que vimos ata agora  a pregunta está chupada. Non?

Esta pregunta admite unha resposta multilinguaxe, xa que vimos que orixinalmente Vila poidese ser Baile ou Bally, que convertida ao galego convértese en Vila, que convertida ao castelán convértese en Villa. Como ninguén ten idea de que significa a segunda parte da palabra- estritamente celta- ninguén fai o xogo de traducións para esa parte. Pero nos apelidos galegos hai versión galega e castelán da primeira parte da palabra.

Isto dá unha idea do perigo de explicar o significado celta dos lugares galegos. Unha vez que sabes cal é a orixe xogas a traducilos ao galego ou ao castelán e incluso o denuncias como o señor que viaxaba nun autobús que denunciou ao conductor por dicir Pedrafita en galego. No futuro veremos denunciar a alguén por non chamar "cascada de mar" ou "auga de mar fervendo"  a Ortegal? Quizais por non dicilo en inglés?