Porras, Madorras, Porral, As Chamorras, Porrás e Porriño

Submitted by admin on Fri, 09/06/2019 - 17:46

Pasei onte por Marzán, e ao desviarme para Marzán, en Monterroso (xa que hai varios Marzáns) había un letreiro con Val de Porras. Topónimo non existente no listado oficial existente e actual.

Eu entendo que Val de Porras é un Val de Orras de Monterroso, pasado polo efecto "niño de la Guía", e o "a min sóname a Porras". Habería que ir alí, ao val de Porras e comprobalo. Ten promontorios dalgún tipo? Eu só fun a Marzán.

Se vamos ao listado temos 800 e pico lugares contendo "orra", agúns de palabras comúns pero hai outros, como de Medorra, Madorra, e moitisimas máis variantes. En principio Madorra supoño que é unha variante de Medorra ou medorra.

Porral podería ter sentido como un conxunto de orras en versión latina(al) e pasado polo efecto "eu coñezo unha palabra parecida, porras".

Chamorras podería traducirse por promontorio (orras) que non (cha) é  meu(mo).

Porrás, unha versión acentuada de Porras, polo tanto o mesmo.

E Porriño pode significar unha zona de promontorios rochosos do que se extrae granito para as casas e as construccións.

Sen descartar que no celta galego si existise porras e tivese un significado de orras de pedras, posiblemente.