Tongobriga

Submitted by admin on Mon, 12/02/2019 - 20:21

Hoxe estaba vendo a segunda cadea de TVE que deu un programa sobre Tongobriga na zona da Gallaecia preto de Braga e Oporto. O programa dicía que tongo era un sufixo? relativo a algún Deus, que non cita. En cambio Briga o traducía correctamente.

Imos ver a miña aproximación a Tongobriga e nesa aproximación a imaxe do link é fundamenal.

Que é tongo en celta?

go2, prep. (Eclipses; combines with poss. adjs. a, ár, to form gona, gonár) 1. Lit: With, having.

go3, prep. (Prefixes h to vowels) To, till, until.

tonn1, f. (gs. toinne, pl. ~ta; ds. toinn & gpl. ~used in certain phrases).1. Wave 2. Surface, skin.

tonn2, v.t. & i. 1. Billow, surge; gush, pour 2. (Of surface) Undulate.

 Así que a tradución non ten nada que ver con ningún deus, senón coa xeografía. Como é posible ver no programa da TV2 e aqui Tongobriga é unha zona de montañas onduladas, en forma de onda, con ondulacións. A mesma Tongobriga é un monte ondulado.

O que foi alucinante foi escoitar  no programa que a cultura castreña non parecía pertencer a Galicia. Os mapas da última resistencia aos romanos só en Asturias e Cantabria e os castrexos axudando contra eles. Que falaban moitas linguas diferentes e eran moitos pobos distintos...

Pero ben, se un vé o mapa de Schulten que poñen na wikipedia en Español na palabra celta pode ver que os celtas que vivian en poboacións -briga estaban fundamentalmente en Madrid. De aí que os do CSIC digan que xa saben traducir o celtibérico, que debe quedar moito na toponimia de Madrid...

A falsificación histórica parece que non é só dos catalans senón unha cultura española.