carracha, carraza e incluso carrapata, garrapata

Submitted by admin on Tue, 03/03/2020 - 11:47

Hai que ler a entrada de Sor para ver que fala de carracha e tamén de caorach (a palabra da que, probablemente, deriva carracha)

Di a RAG carracha substantivo feminino Arácnido da orde dos ácaros do que existen varias especies, que se alimenta do sangue de aves e mamíferos. O can ten unha carracha detrás da orella. SINÓNIMOS carracho, carrapata, carrapato, carraza

caorach could be a grammatical form of: caora » caorach ▪na gcaorach (xenitivo singular e plural de caora)

caora2, f. (gs. & gpl. ~ch, npl. -oirigh). Sheep; ewe. S.a. bearradh 3, fad 5. Das ovellas e de afeitalas (cando aparecen e saltan máis as carrachas).

Así que todas as hipóteses improbables no castelán para garrapata poden ser substituídas polo paso do celta de

caorach-> carrach->Carracha ou carrapata (versión que substitúe a carracha e pode ter algo de pata latino). En castelán garrapata, probablemente influencia dos pastores celtas de ovellas da meseta española.

Ainda que influenciado, como diciamos no seu momento, por carrach, incrustado na roca

carrach, a1. 1. Rough-skinned; scabby, mangy. Is furasta forbairt, goilleadh, ar cheann carrach, it is easy to torment the afflicted. S.a. feannóg, galar 1. 2. Rock-incrusted, rocky.

Influenciado por carrach, incrustado na roca e caorach, o que teñen e saltan das ovellas. As carrachas incrústanse baixo a pel (dos animais e dos humanos).