Un poema de Luz Pozo

Submitted by admin on Thu, 04/23/2020 - 17:36

Na Voz de hoxe publican este poema "A pureza da boca"  de Luz Pozo Garza, recentemente falecida.

A pureza da boca

E todo se nos volve fugaz e transitorio

se esquecemos a luz como presaxio

a desvelar as sombras

Se non descubre a sedución

dos labios

que son libres

A pureza da boca cando cala

A pureza da boca cando fala en gaélico

A pureza da boca cando

canta un alalá perdido

Os oficios humildes

madeiras de abeleira

serradas nun alpendre

coa saudade da patria

cando nacen as xestas na

harmonía do cosmos

e o Celtic twilight mesmo

que concede ao poeta tantos

saberes feéricos

Pouco máis que dicir: como os verdadeiros bardos galegos de todos os tempos, Luz Pozo, ten coñecementos e certezas que, a través da harmonia do cosmos, da conciencia común da raza, das fadas, sabe a que río fluínte pertence. Simplemente, sábeo.

William Butler Yeats

The Celtic Twilight (1893), a volume of essays, was Yeats’s first effort toward this end, but progress was slow until 1898, when he met Augusta Lady Gregory, an aristocrat who was to become a playwright and his close friend. She was already collecting old stories,...

Os saberes feéricos son saberes das fadas...